80.000 lectores diarios. Seguimos dando la talla M.L.XL y XXL

Un informe técnico de Ecoloxistas en Acción alerta dos graves impactos que o parque eólico Picato pode ter sobre Lugo, a súa muralla romana e o Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade

Información
30 Enero 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 2031 votos
(Tiempo estimado para leer este artículo: 1 - 2 minutos)
social youtube xornalgalicia   feed-image

Camiño de SantiagoA entidade ambiental urxe á suspensión da autorización administrativa do parque e a paralización inmediata das obras polos prexuizos que o proxecto pode causar.

Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas en Acción, os 13 aeroxeradores a instalar provocarán a descontextualización do patrimonio cultural e un impacto visual e paisaxístico irreparable. Neste senso, a afección para a vía histórico-cultural do Camiño de Santiago considérase inasumible, xa que dende os 700 metros de altitude na que se pretenden ubicar as liñas de aeroxeradores a vista alcanzará non só ao Camiño Primitivo senón que chegará a observarse dende Lugo e a súa muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

Esta situación determina un dano irreparable para a a cidade, condicionando a visibilidade da súa contorna inmediata e deixando en papel mollado o estipulado no Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000), que sinala que este "desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, ambiental e social", constituíndo ademáis un recurso favorable para a actividade económica xa que a súa correcta protección e a dos seus valores e áreas de influencia pode contribuir á creación de emprego.

AFECTACIÓN DIRECTA AO CAMIÑO PRIMITIVO

Cómpre tamén destacar que o Camiño Primitivo a Santiago transcorre a escasos metros ao norte dos aeroxeradores máis próximos (máquinas 1 á 9) e un amplo tramo atravesa a poligonal do parque eólico Picato.

Estamos a falar dunha das rutas do Camiño do Norte, a ruta de interior, a cal ten o máximo recoñecemento patrimonial ao estar incluida na lista de Patrimonio Mundial da Unesco dende o 2015, polo que segundo o punto 1 do artigo 75 incluido no Título VI da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC).

Ante isto resulta incomprensible que debido a esta gravísima afección Naturgy, como empresa promotora, non aporte ningún estudo de expertos no Camiño de Santiago que de maneira imparcial acredite que o impacto deste proxecto enerxético non terá unha grave afectación sobre a Ruta Xacobea. Nesta liña Ecoloxistas en Acción Galiza considera imprescindible que calquera decisión da Administración galega que impacte sobre o valor histórico e sobre o futuro do Camiño de Santiago sexa respaldada por especialistas de maneira profesional e independente.

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas sobre ejemplo; Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias, te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet