O TSXG solicita ao TXUE que se pronuncie sobre se o público debeu ter acceso aos informes sectoriais sobre eólicos antes de autorizarse os parques

Información
06 Marzo 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 837 votos

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) expuxo unha tripla cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que determine se a Xunta debeu poñer ao dispor do público interesado (non só dos promotores) os informes sectoriais sobre parques eólicos para que puidese, no seu caso, formular alegacións e participar no proceso de toma de decisión sobre as autorizacións dos proxectos antes de que se aprobaran. Eses informes sectoriais conteñen información sobre materia forestal, de augas, de patrimonio natural e cultural, de turismo, de saúde, de enerxía eléctrica e de seguridade aérea, entre outros.

A Sala acordou suspender, á espera de que se resolva a cuestión prexudicial, o litixio no que deberá decidir sobre a legalidade ou non da resolución da Xunta na que outorgou a Eurus Desarrollos Renovables as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico A Raña III, situado no termo municipal de Mazaricos (A Coruña).  

O alto tribunal galego indica no auto remitido ao TXUE que para tomar unha decisión sobre o asunto que lle expoñen “resulta relevante decidir se a normativa interna (estatal e autonómica) se axusta ao mandato do artigo 6.3 da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, no que concirne á necesidade de que a Administración interveniente ofreza aos interesados un trámite de audiencia despois da emisión dos informes sectoriais”.

Os maxistrados explican que un dos motivos de nulidade que esgrime a parte demandante -a asociación ecoloxista Petón do Lobo-  foi o razoado na sentenza do TSXG do 14 de xaneiro de 2022 (PO 7419/2020), que analizou un asunto no que, do mesmo xeito que sucedeu no presente caso, non se ofreceu un trámite de audiencia aos interesados tras a emisión dos informes sectoriais dun parque eólico, o que motivou a anulación da resolución que autorizou a execución e explotación das instalacións. Esa sentenza do TSXG, con todo, foi revogada polo Tribunal Supremo nun fallo do 21 de decembro de 2023 (recurso de casación 3303/2022).

O TSXG, segundo sinala no auto, entende que o artigo 6 da Directiva 2011/92/UE obriga aos órganos que resolven solicitudes de autorizacións con efectos ambientais a realizar previamente tres trámites: os dous primeiros -sobre os cales non se fixa unha orde temporal- son: outorgar audiencia ao público en xeral sobre o proxecto e solicitar os informes sectoriais dos órganos competentes en diversas materias; e, o terceiro, realizaríase con posterioridade, pois consiste en trasladar os principais informes sectoriais aos interesados (que non é só o promotor) para que poidan formular alegacións antes da toma de decisión.

“Por esa razón, entende este órgano xudicial que os artigos 36, 37 e 38 da Lei estatal 21/2013, e 33 e 34 da Lei autonómica galega 8/2009, poderían non traspoñer adecuadamente o esixido no artigo 6.3 da Directiva 2011/92/UE, na medida en que, aínda que outorgan audiencia ao promotor tras os trámites de información pública e obtención dos informes sectoriais, privan aos interesados, que se definen no seu artigo 1.2.e), do seu dereito a formular as alegacións con anterioridade a que a autoridade competente adopte a decisión sobre a solicitude de autorización do proxecto (artigo 6.4 desa directiva)”.

En concreto, os maxistrados solicitan ao TXUE que aclare o significado da expresión de “principais informes e ditames” a que se refire o artigo 6.3 da Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente; así como que especifique se os informes a que se refire o artigo 37.2 da Lei 21/2013, que debe solicitar o órgano substantivo, son os que se recollen no artigo 6.3 da Directiva 2011/92/UE; e, por último, demanda que aclare se os artigos 36, 37 e 38 da Lei estatal 21/2013 e 33 e 34 da Lei autonómica galega 8/2009 se opoñen á esixencia que impón o artigo 6.3 da Directiva 2011/92/UE de garantir que se poñan ao dispor do público interesado os principais informes sectoriais que se emitiron, ao obxecto de que poida formular as súas alegacións e participar, dentro dun prazo non inferior a 30 días, no proceso da toma de decisión sobre a solicitude de autorización do proxecto, antes de que aquela se adoptara.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Adjuntos
AUTO CUESTION PREJUDICIAL UNION EUROPEA Anonimizado.pdf [219.38Kb]
Subido Miércoles, 06 Marzo 2024 por xornalgalicia

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV