O TSXG decreta a suspensión cautelar de seis parques eólicos polo risco de que a súa construción xere danos irreversibles ao medio ambiente

Información
14 Mayo 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 539 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar doutros seis parques eólicos autorizados pola Xunta ao entender acreditada a existencia do periculum in mora, que forma parte da esencia da medida cautelar, xa que con el se tenta asegurar que a futura sentenza se poida levar á práctica de modo útil, o que non se conseguiría no caso de que se produciran situacións irreversibles. En concreto, decretou a paralización cautelar dos parques Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre e Xeada. 

No auto no que suspenden a autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Treboada, situado en San Xoán de Río, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), os maxistrados explican que a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Xunta “non demostra que desaparecese calquera risco de danos irreversibles ao medio ambiente e aos valores a protexer”. Ademais, salientan, tanto neste auto como noutras resolucións, que “dificilmente se vai a poder protexer ex post a especies de flora ou fauna que por mor da execución das obras poidan verse definitivamente extinguidas ou ameazadas”.

O TSXG advirte nos autos que xa se pronunciou sobre a aplicación dos principios de cautela, prevención e precaución propios da normativa europea en materia de protección ambiental, os cales sintetiza en que é “a simple posibilidade de que teña lugar ese dano irreparable ou de moi difícil reparación” o que fai aconsellable “a adopción da medida cautelar de suspensión da execución da actividade que pode producir ese risco”, incluso adoptándose medidas correctoras sobre as zonas protexidas (como unha DIA).

No caso do parque eólico de Treboada, a Sala entende que é posible “falar dese risco concreto, singularizado e suficientemente acreditado (en forma indiciaria, que é a que cabe esixir da tramitación dun incidente cautelar)” se se atén non só aos informes incorporados pola asociación ecoloxista recorrente, senón á información “concreta, obxectiva e imparcial” facilitada polo Xeoportal do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico como Banco de Datos da Natureza, na súa Área e Ecosistemas e no Inventario Español de Hábitats Terrestres. Desa información obxectiva, segundo o auto, dedúcese que o parque “se situará en zona de máxima sensibilidade ambiental, na que non resulta recomendable a instalación de infraestruturas eólicas, por afectar a especies que están catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción”.

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG tamén suspendeu a autorización concedida pola Xunta para as instalacións do parque eólico Xeada, situado nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e que tamén conta cunha DIA positiva, en base á cal a Xunta considera viable o proxecto aos efectos ambientais. A Sala incide en que, a pesar diso, nesta fase do procedemento non pode saber “con que profundidade se cubriu o verdadeiro impacto ambiental que a execución desas obras haberá de ter para a zona afectada”, á vez que recalca que, neste caso, entende probado indiciariamente “un máis que probable prexuízo irreparable, por irreversible”. Así, subliña que dos datos analizados se conclúe que a execución do proxecto “podería impedir nun futuro non moi afastado unha correcta extensión dos espazos protexidos pola Rede Natura 2000, en cumprimento dos obxectivos marcados xa no seu día pola directiva sobre hábitats”. De feito, recalca que un dos aeroxeradores se situaría a menos dun quilómetro da liña de delimitación de Rede Natura 2000.

Tras a análise da documentación, o alto tribunal galego tamén decretou a adopción da medida cautelar respecto ao proxecto de parque eólico Legre, situado nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (A Coruña). Neste caso, do mesmo xeito que nos autos referentes ás instalacións de Treboada e Xeada, o tribunal explica que a cuadrícula á que afectará a construción do parque “pode considerarse zona de máxima sensibilidade ambiental, segundo a clasificación proporcionada pola zonificación ambiental para enerxías renovables elaborada polo Ministerio de Transición Ecolóxica”. A Sala segura que da información do Ministerio se extrae a conclusión de que na cuadrícula na que se vai a situar o parque existen especies vulnerables ou en perigo de extinción.

En canto á suspensión cautelar do parque eólico Dos Cotos, o TSXG basea o recoñecemento do periculum in mora no contido dos informes achegados polo concello, dos que se infire que as instalacións se situarían “tanto a escasa distancia de elementos que contribúen á calidade paisaxística da zona como a unha escasísima distancia de núcleos de poboación”, pois na contorna dos aeroxeradores residen 424 persoas en 13 entidades de poboación diferentes. Neste caso trátase, segundo os maxistrados, non só da protección do medio natural, senón “da protección da saúde e o benestar do ser humano que habita na zona”. A medida cautelar adoptada foi solicitada polo concello e por comunidades de montes veciñais en man común.

O TSXG, do mesmo xeito que nos casos anteriores, basea a súa decisión de suspender as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do parque eólico Mesada, situado en Vila de Cruces (Pontevedra) no periculum in mora. No auto, a Sala recalca que é prevalecente “o interese xeral en manter indemnes eses espazos públicos sobre o particular que ten a promotora do parque eólico en executar de forma inmediata o proxecto autorizado, por moi lexítimo que sexa o seu dereito”.

Do mesmo xeito que nos outros autos, os maxistrados advirten que “non basta con facer unha referencia xenérica a danos posibles, senón que se deben singularizar e acreditar, isto é, pasar da abstracción á concreción”. O TSXG entende que se acreditou a posibilidade real dun dano ambiental, do mesmo xeito que sucede co proxecto do parque eólico Monte do Cordal, situado no termo municipal de Friol (Lugo), tamén suspendido de forma cautelar. Neste último caso, os xuíces indican que da “información concreta e obxectiva que provén do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico” se infire que un dos aeroxeradores se localizaría “na área de distribución potencial de varias especies catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción”, polo que tamén considera acreditado o periculum in mora, determinante da suspensión do parque.

Balance

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou ata hoxe 74 autos nos que decide sobre as solicitudes de suspensións cautelares de 43 parques eólicos, dos cales 40 foron acolledores -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca, Serra do Farelo, Maxal, Serra do Colmo, Uxo, Castro Valente, Marcofan, Serra do Punago, Acibal, Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre e Xeada; e, o resto (3), desacolledores -Vilartoxo, Neboada e Seselle-.

*****


El TSXG decreta la suspensión cautelar de seis parques eólicos por el riesgo de que su construcción genere daños irreversibles al medio ambiente

14/05/2024.- El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha acordado la suspensión cautelar de otros seis parques eólicos autorizados por la Xunta al entender acreditada la existencia del periculum in mora, que forma parte de la esencia de la medida cautelar, pues con él se intenta asegurar que la futura sentencia pueda llevarse a la práctica de modo útil, lo que no se conseguiría en el supuesto de que se hubieran producido situaciones irreversibles. En concreto, ha decretado la paralización cautelar de los parques Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre y Xeada.  

En el auto en el que suspenden la autorización administrativa previa y de construcción del parque eólico Treboada, ubicado en San Xoán de Río, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives (Ourense) y Ribas de Sil (Lugo), los magistrados explican que la declaración de impacto ambiental (DIA) formulada por la Xunta “no demuestra que haya desaparecido cualquier riesgo de daños irreversibles al medio ambiente y a los valores a proteger”. Además, subrayan, tanto en este auto como en otras resoluciones, que “difícilmente se va a poder proteger ex post a especies de flora o fauna que a causa de la ejecución de las obras puedan verse definitivamente extinguidas o amenazadas”.

El TSXG advierte en los autos que ya se ha pronunciado sobre la aplicación de los principios de cautela, prevención y precaución propios de la normativa europea en materia de protección medioambiental, los cuales sintetiza en que es “la simple posibilidad de que tenga lugar ese daño irreparable o de muy difícil reparación” lo que hace aconsejable “la adopción de la medida cautelar de suspensión de la ejecución de la actividad que puede producir ese riesgo”, incluso habiéndose adoptado medidas correctoras sobre las zonas protegidas (como una DIA).

En el caso del parque eólico de Treboada, la Sala entiende que es posible “hablar de ese riesgo concreto, singularizado y suficientemente acreditado (en forma indiciaria, que es la que cabe exigir de la tramitación de un incidente cautelar)” si se atiene no solo a los informes incorporados por la asociación ecologista recurrente, sino a la información “concreta, objetiva e imparcial” facilitada por el Geoportal del Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico como Banco de Datos de la Naturaleza, en su Área y Ecosistemas y en el Inventario Español de Hábitats Terrestres. De esa información objetiva, según el auto, se deduce que el parque “se ubicará en zona de máxima sensibilidad ambiental, en la que no resulta recomendable la instalación de infraestructuras eólicas, por afectar a especies que están catalogadas como vulnerables o en peligro de extinción”.

 

La sección tercera de la Sala de lo Contencioso-administrativo del TSXG también ha suspendido la autorización concedida por la Xunta para las instalaciones del parque eólico Xeada, situado en los ayuntamientos de A Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) y Quiroga (Lugo) y que también cuenta con una DIA positiva, en base a la cual la Xunta considera viable el proyecto a los efectos ambientales. La Sala incide en que, a pesar de ello, en esta fase del procedimiento no puede saber “con qué profundidad se ha cubierto el verdadero impacto ambiental que la ejecución de esas obras habrá de tener para la zona afectada”, al tiempo que recalca que, en este caso, entiende probado indiciariamente “un más que probable perjuicio irreparable, por irreversible”.  Así, subraya que de los datos analizados se concluye que la ejecución del proyecto “podría impedir en un futuro no muy lejano una correcta extensión de los espacios protegidos por la Rede Natura 2000, en cumplimiento de los objetivos marcados ya en su día por la directiva sobre hábitats”. De hecho, recalca que uno de los aerogeneradores se situaría a menos de un kilómetro de la línea de delimitación de Rede Natura 2000.

Tras el análisis de la documentación, el alto tribunal gallego también ha decretado la adopción de la medida cautelar respecto al proyecto de parque eólico Legre, ubicado en los ayuntamientos de Mesía y Oza-Cesuras (A Coruña). En este caso, al igual que en los autos referentes a las instalaciones de Treboada y Xeada, el tribunal explica que la cuadrícula a la que afectará la construcción del parque “puede considerarse zona de máxima sensibilidad ambiental, según la clasificación proporcionada por la zonificación ambiental para energías renovables elaborada por el Ministerio de Transición Ecológica”. La Sala segura que de la información del Ministerio se extrae la conclusión de que en la cuadrícula en la que se va a ubicar el parque existen especies vulnerables o en peligro de extinción.

 

En cuanto a la suspensión cautelar del parque eólico Dos Cotos, el TSXG basa el reconocimiento del periculum in mora en el contenido de los informes aportados por el ayuntamiento, de los que se infiere que las instalaciones se ubicarían “tanto a escasa distancia de elementos que contribuyen a la calidad paisajística de la zona como a una escasísima distancia de núcleos de población”, pues en el entorno de los aerogeneradores residen 424 personas en 13 entidades de población diferentes. En este caso se trata, según los magistrados, no solo de la protección del medio natural, sino de “la protección de la salud y el bienestar del ser humano que habita en la zona”. La medida cautelar adoptada ha sido solicitada por el ayuntamiento y por comunidades de montes vecinales en mano común.

 

El TSXG, al igual que en los casos anteriores, basa su decisión de suspender las autorizaciones administrativas previa y de construcción de las instalaciones del parque eólico Mesada, situado en Vila de Cruces (Pontevedra) en el periculum in mora. En el auto, la Sala recalca que es prevalente “el interés general en mantener indemnes esos espacios públicos sobre el particular que tiene la promotora del parque eólico en ejecutar de forma inmediata el proyecto autorizado, por muy legítimo que sea su derecho”.

 

Al igual que en los otros autos, los magistrados advierten que “no basta con hacer una referencia genérica a daños posibles, sino que se deben singularizar y acreditar, esto es, pasar de la abstracción a la concreción”. El TSXG entiende que se ha acreditado la posibilidad real de un daño medioambiental, al igual que sucede con el proyecto del parque eólico Monte do Cordal, situado en el término municipal de Friol (Lugo), también suspendido de forma cautelar. En este último caso, los jueces indican que de la “información concreta y objetiva que proviene del Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico” se infiere que uno de los aerogeneradores se localizaría “en el área de distribución potencial de varias especies catalogadas como vulnerables o en peligro de extinción”, por lo que también considera acreditado el periculum in mora, determinante de la suspensión del parque.

Balance

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ha notificado hasta hoy 74 autos en los que decide sobre las solicitudes de suspensiones cautelares de 43 parques eólicos, de los cuales 40 han sido estimatorios -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca, Serra do Farelo, Maxal, Serra do Colmo, Uxo, Castro Valente, Marcofan, Serra do Punago, Acibal, Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre y Xeada; y, el resto (3), desestimatorios -Vilartoxo, Neboada y Seselle-.

Adjuntos
PSS 7412 E anonimizado.pdf [181.6Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7403 E anonimizado.pdf [400.85Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7383 E anonimizado.pdf [445.15Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7362 E anonimizado.pdf [207.03Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7338 E anonimizado.pdf [474.45Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7302 E anonimizado.pdf [185.28Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia
PSS 7013 E anonimizado.pdf [458.63Kb]
Subido Martes, 14 Mayo 2024 por xornalgalicia

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV