A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión das autorizacións administrativa previa e de construción outorgadas pola Xunta de Galicia para os proxectos dos parques eólicos Alto da Telleira (Covelo e A Cañiza), Troitomil (A Baña e Negreira) e Outeiro Grande (A Estrada e Forcarei).
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras a sentenza emitida polo Tribunal Supremo (TS) o pasado mes de decembro, adaptou os criterios á hora de decidir sobre medidas cautelares respecto a parques eólicos. Desde esa resolución do alto tribunal, que rexeitou dous das causas que o TSXG tivo en conta para decretar a anulación dalgunhas instalacións, ambas relacionadas co prazo do trámite de información pública no procedemento de avaliación de impacto ambiental seguido antes de ditarse a autorización dos proxectos e do acceso aos informes sectoriais polo público interesado nese trámite, emitiu ata hoxe 30 autos nos que decide sobre a solicitude de suspensións cautelares de autorizacións administrativas e de construción de 22 parques eólicos, dos cales 20 decretaron as suspensións -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil e Outeiro Grande- e, o resto (2), as rexeitaron -Vilartoxo e Neboada-.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Pladesemapesga destapa los "chanchullos" de la alcaldesa de Santa Comba con Beatriz Mato de Grenalia para "ventilarle" las tierras a los vecinos/as
- María Pose pretende "traicionar" a los vecinos de Santa Comba con cursos itinerantes de psicomotricidad que ocultó en las resoluciones de Transparencia.
- Ecoloxistas en Acción denuncia ao PP ante a UNESCO no impacto negativo do parque eólico Picato sobre o patrimonio cultural de Lugo e prepara accións xudiciais contra a autorización do proxecto