O TSXG admite a trámite o recurso dunha empresa do sector eólico contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo

Información
23 Abril 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 537 votos
  • Fergo Galicia Vento esixe á administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou 
  • A decisión da Sala do Contencioso-administrativo do alto tribunal galego sobre a nulidade do proxecto da Serra do Oribio (Lugo) foi ratificado polo Tribunal Supremo
  • En autos nos que o TSXG ordena paralizar de forma temporal parques eólicos advirte que é un mal menor en comparación co custo que para as arcas públicas tería a súa construción se posteriormente se declarase a súa ilegalidade 
    A Coruña, 23 de abril de 2024.-

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso interposto pola empresa Fergo Galicia Vento S.L. contra a Xunta de Galicia, á que lle reclama case 46 millóns de euros polos danos e prexuízos que entende que lle causou a nulidade xudicial da autorización que lle concedeu o Goberno autonómico para executar o proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado entre os municipios lugueses de Triacastela e Samos. Esa nulidade é firme, pois o Tribunal Supremo ratificou a sentenza emitida pola sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG sobre o parque eólico.

O 21 de setembro de 2023 a empresa presentou ante a Xunta unha reclamación de responsabilidade patrimonial, na que solicitou unha indemnización de 10.131.317 euros, en concepto de dano emerxente ou perda patrimonial; e de 35.656.963 euros como lucro cesante -é dicir, pola ganancia que deixou de obter-. Ao non responder a Xunta a esa reclamación, Fergo Galicia Vento S.L. presentou un recurso contencioso-administrativo polos trámites do procedemento ordinario ante o TSXG, o cal foi incoado. O alto tribunal galego, tal e como se require neste tipo de asuntos, solicitou o expediente á Xunta, á que tamén deu traslado do recurso de reclamación patrimonial por silencio administrativo interposto pola empresa.

Suspensións cautelares

Un dos argumentos que os maxistrados/as da sección terceira do Contencioso-administrativo esgrimen en autos nos que están ordenando paralizar, de forma cautelar, algunhas das autorizacións outorgadas pola Xunta para construír parques eólicos na comunidade é o feito de que consideran que a paralización temporal desas construcións é “un mal menor” -como consta no auto 7136- en comparación “co custo económico que para as arcas públicas da Xunta tería a construción das instalacións se posteriormente se declarase a súa ilegalidade, xa que podería implicar o deber de demolición (á conta da administración autorizante) e de indemnización ao promotor que construíu de boa fe amparado en título administrativo”. Por iso, neses autos, desde o punto de vista económico, os xuíces do TSXG, na ponderación dos intereses públicos e os particulares das empresas se decantan pola prevalencia dos primeiros.

Novos autos

Os maxistrados da sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG emitiron novos autos nos que acordaron a suspensión das autorizacións outorgadas pola Xunta de Galicia para os proxectos de catro parques eólicos -Maxal, Serra do Colmo, Uxo e Castro Valente- e outros dous autos nos que rexeitaron a medida cautelar solicitada referente aos parques eólicos Monte do Cordal e Seselle.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou ata hoxe 56 autos nos que decide sobre as solicitudes de suspensións cautelares de autorizacións administrativas e de construción de 35 parques eólicos, dos cales 31 foron acolledores -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca, Serra do Farelo, Maxal, Serra do Colmo, Uxo e Castro Valente; e, o resto (4), desacolledores -Vilartoxo, Neboada, Monte do Cordal e Seselle-.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Adjuntos
pss 7303 E.pdf [465.08Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia
PSS 7136 E.pdf [915.22Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia
PSS 7012 24 E 1 .pdf [317.94Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia
7377 23 D.pdf [700.8Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia
7337 23 E.pdf [704.6Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia
7007 D.pdf [153.93Kb]
Subido Martes, 23 Abril 2024 por xornalgalicia

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV