ADEGA consegue frear cauterlamente no TSXG o proxecto eólico Neboada

Información
16 Septiembre 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 2094 votos
 
  • Este polígono eólico, no Courel e na Ribeira Sacra, forma parte dun macroproxecto de 65 MW de potencia canda aos chamados Orballeira e Xeada, este último tamén paralizado cautelarmente a instancias de ADEGA.

Santiago de Compostela, luns 16 de setembro de 2024.- ADEGA vén de recibir Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo que acolle a pretensión da organización ecoloxista de suspender cautelarmente o proxecto eólico Neboada, promovido por Maia Directorship, S.L. nos concellos da Rúa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras (en Ourense) e Quiroga e Ribas de Sil (en Lugo). Desta maneira, o alto tribunal galego deixa sen efecto a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética do pasado 2 de xuño de 2023 pola que se autorizaba o proxecto, cando menos, ata que non haxa sentenza firme relativa ao recurso contecioso-administrativo interposto por ADEGA contra este polígono eólico.

A única parella de aguia real da provincia de Lugo, en perigo

O P.E. Neboada forma parte dun único macroproxecto eólico de 65 MW de potencia xunto cos chamados Orballeira e Xeada, ambos recorridos xuridicamente por ADEGA e este último tamén paralizado cautelarmente a instancias da asociación. Os tres comparten infraestruturas, están promovidos por empresas que forman parte dunha mesma matriz de accionistas e suman un total de 9 aeroxeradores de 220 metros de altura nas montañas do Courel, Valdeorras e Ribeira Sacra. Este macropolígono eólico afectaría de forma crítica a supervivencia da única parella de aguia real da provincia de Lugo.  Ademais, este proxecto eólico, situado nos límites do espazo Rede Natura Ancares-Courel, incidiría negativamente no proceso de recuperación e expansión do oso pardo polas montañas orientais galegas. Tamén se atopa dentro da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, e no corredor ecolóxico de tres espazos naturais protexidos: ZEC Ancares-Courel, ZEC Macizo Central e ZEC Enciña da Lastra; nunha área prioritaria para a protección da avifauna.  

O risco de dano irreversible ou de difícil reparación é claro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera suficientes os indicios achegados pola organización ecoloxista ADEGA como proba dos elementos ambientais “altamente sensibles” que se verían danados de levarse adiante a construción do polígono eólico Neboada. En concreto, a sala entende que “concorre a circunstancia dunha proximidade relevante a espazos xa caracterizados ambientalmente como altamente sensibles, quer por pertenceren xa á Rede Natura, quer por estaren previstos para a súa ampliación”. Ademais, o tribunal recolle no seu auto que a acreditación dun risco de dano irreparable ou de difícil reparación derivado da execución das obras é clara. Refire como factores relevantes para a súa decisión o feito ter a área afectada a cualificación de “exclusión eólica” por parte do Mapa de Zonificación Ambiental elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica,  e a consideración de área de especial interese paisaxístico, no que habitan esepcies ameazadas coa categoría de vulnerables (tartaraña cincenta, gatafornela) ou en perigo de extinción (millagre real, aguia real). Segundo o tribunal, estes hábitats de interese e os seus valores ambientais protexidos póñense “en risco certo” se as obras do proxecto eólico se executan. Unhas obras, prosegue o auto, que comprenden a apertura de pistas de gran anchura e de gabias para o soterramento dos cables de evacuación da electricidade producida, ademais da construción de zapatas de grandes dimensións e a gran profundidade no solo.

Prevalenza dos intereses ambientais

A posible "afectación ecosistémica" que provocaría o proxecto leva o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a aplicar o principio de prevención e de precaución elaborados pola xurisprudencia europea e polos que resolve a paralización cautelar de Neboada. No auto tamén se achega unha reflexión sobre a ponderación de intereses en sede cautelar, fundamentada en argumentos esgrimidos polo Tribunal Constitucional, que asegura que en materia de suspensión cautelar, a salvagarda do interese ecolóxico merece a condición de interese preferente fronte a argumentacións económicas. "Son fins loables tanto a transición como a soberanía enerxéticas, pero nin unha nin outra se poden facer a costa da vulneración doutros ben xurídicos", sinala. 
 

Un logro colectivo

ADEGA lembra que esta paralización cautelar do proxecto eólico Neboada, ao igual que todas as anteriores acadadas a instancias da organización en materia eólica, son un logro colectivo, de todas aquelas persoas, colectivos e plataformas que fixeron as súas achegas á campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos (https://tipodesparalos.helpbysc.com/neboada). En especial, ADEGA parabeniza e agradece o apoio da veciñanza implicada, da Asociación Logo, da Sociedade Galega de Ornitoloxía e de Terras Altas de Trevinca. Grazas a #TiPodesParalos, a organización puido recorrer vía contencioso-administrativa ata o momento máis dunha trintena de proxectos eólicos aprobados pola Xunta de Galiza o pasado ano, para os cales o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza xa acolleu a súa solicitude de suspensión cautelar en máis da metade.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV