ADEGA ante á Fiscalía denuncia o indulto millonario do PP na Xunta a Greenalia

Información
06 Marzo 2023 - Eólicas - 2181 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia - #Torrentorcuato #hoax el brazo tonto de Mar asesora del PP  para distribuir Fake News.ADEGA advirte dun posible caso corrupción xeneralizado na tramitación de parques eólicos en Galiza


Compostela, 6 de marzo de 2023. A Fiscalía de área de Santiago de Compostela vén de notificar a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022, pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia. Na denuncia expoñíase polo miúdo o contido da resolución de 21 de xullo de 2021, asinada pola entón Directora Xeral de Planificación Enerxética da Xunta de Galiza, Paula Uría Traba, pola que se lle permitiu a Greenalia trocar a opción de monetización do seu plan industrial dándoo por executado en base ao desenvolvemento de certas actividades que nada tiñan que ver coas propias daquel plan industrial. Na nosa denuncia argumentábase que no momento en que se adoptou tal resolución ningunha norma vixente permitía o cambio da opción de monetización á de execución, nin moito menos daba cabida a que un plan industrial derivado do concurso eólico do ano 2010 se tivese por executado con outras actividades distintas ás previstas no plan industrial.
Xornal Galicia Hemeroteca - Feijóo esta reorganizando la trama de altos  cargos del PP para saquear a través de las GRANJAS EÓLICAS, CUMPLEN los  OBJETIVOS Beatriz Mato, Mayte Gutiérrez, en la rebautizada
Ante este inexplicable arquivo de dilixencias, ADEGA dará traslado dos feitos denunciados e do decreto de arquivo da Fiscalía de Área de Compostela á Fiscalía Xeral do Estado. Así mesmo, manifestamos a nosa intención de solicitar formalmente a criazón en Galiza dunha fiscalía anticorrupción para que tome coñecemento con criterio e rigor de asuntos como este.

Arquivo de dilixencias contrario á salvagarda da legalidade

Os estremos denunciados por ADEGA podían e poden ser perfectamente corroborados pola Fiscalía perante o simple exame da normativa aplicable. Porén, no Decreto de arquivo das dilixencias penais recentemente notificado, asinado pola Fiscal Dona María Aurelia García Rodríguez, conclúese que a práctica de posteriores dilixencias de investigación resulta superflua. E a tal conclusión chégase porque, segundo o decreto de arquivo, a Fiscalía solicitoulle explicación á Xunta de Galicia, e a Xunta remitiu un informe no que non aparece referencia algunha a normas xurídicas que dean cobertura á actuación denunciada. Ademais, no informe da Xunta maniféstanse graves falsidades, como que a opción pola monetización dos proxectos industriais non estaba sometida a límite temporal. Simplemente, é falso. O artigo 7.2.c) da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 61, de 31 de marzo) deixa ben claro o momento en que había que optar pola monetización: ou se optaba naquel momento, ou se renunciaba ao procedemento.

Visto o anterior, por parte de ADEGA consideramos que o arquivo da denuncia por parte do Ministerio Fiscal resulta absolutamente escandaloso e contrario á salvagarda da legalidade e do interese xeral que resultan inherentes a dita institución. Asumir o contido do decreto de arquivo de dilixencias implicaría asumir que, presentada unha denuncia na que constan con detalle feitos e fundamentos de Dereito, a simple petición de informe á parte denunciada, aínda que esta minta ou non diga nada, resulta suficiente para concluír que non hai motivos de ilegalidade.

A punta do iceberg dun posible caso de corrupción política na tramitación de eólicos

O que ADEGA denunciou en novembro de 2022, relativo aos proxectos industriais vencellados ao concurso eólico de 2010 de Feixoó, podería resultar representativo dun contexto xeral de corrupción política e administrativa que lle teña causado á Facenda pública un quebranto patrimonial infinitamente maior ao dos casos de corrupción máis soados nos 40 últimos anos da historia do Estado español. Moitos dos proxectos de parques eólicos que foron seleccionados naquel concurso, asociados á execución de plans industriais, seguen actualmente en tramitación e pendentes das correspondentes autorizacións administrativas. ADEGA manifesta a súa inquebrantábel vontade de facer un seguimento exhaustivo do acontecido cos plans industriais vencellados ao concurso eólico de Núñez Feixóo e de actuar en consecuencia.

Novas relacionadas

Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
Categoría: Eólicas
Visto: 2181