A TVG “AGOCHA” NOS TELEXORNAIS AS NOTICIAS SOBRE AS INFRACCIÓNS PENAIS DE BALTAR AO VOLANTE DO VEHÍCULO OFICIAL DA DEPUTACIÓN

Información
24 Mayo 2023 - Indice corrupción sistémica de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 2498 votos

Noelia Otero 240523 01Noelia Otero sinala que onte omitiron informar da noticia reflectida en tódolos medios galegos e nacionais confirmando que fora detectado circulando en dúas ocasións a 173 e 215 qm/h o mesmo día e pola mesma autovía

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023. A parlamentaria socialista Noelia Otero acusou hoxe á CRTVG de ter “agochado” no Telexornal -TX- as novas sobre as infraccións penais do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, ao volante dun vehículo oficial. Otero presentou unha pregunta na que constatou que o Telexornal non informou de que onte mesmo se coñeceu que fora detectado en dúas ocasións no mesmo traxecto circulando a 173 e 215 quilómetros por hora.

Otero lamentou que o TX da TVG non considerara de interese unha nova que si tivo repercusión en tódolos demais medios tanto galegos como nacionais, xa que confirmaba a falsidade do argumento do dirixente do PP, que apuntaba a un “despiste” ter sido “cazado” a 215 quilómetros por hora. Esta nova información, pola que o mesmo día fora detectado a 173 quilómetros por hora en Allariz na mesma autovía e unha hora antes, constata que circulaba por riba dos 160 qm/h.

Sinala que os informativos de máxima audiencia deste medio público tampouco tiveron a ben facerse eco das múltiples reaccións políticas pedindo a dimisión de Baltar que foron rexistradas onte diante desta “actuación deplorable e lamentable”, que confirma a “conduta temeraria” do dirixente do PP e susceptible dun delito penal, segundo a Garda Civil.

Lamentou que precisamente sexa o único medio de interese público, financiado con cartos “de tódolos galegos e as galegas” o que lle da menos peso a unha nova de transcendencia estatal. Lembra que xa no día en que fora coñecida a primeira infracción, esta quedara relegada á sección de sucesos do TX, por debaixo dun condutor kamikaze en Torrevieja, e baixo o titular de “multado un vehículo oficial da Deputación de Ourense”, omitindo a identidade do insigne condutor.

Denunciou que nos espazos informativos e de máxima audiencia, como é o caso do Telexornal Mediodía, omiten a información, e “cando non lles queda outra, o mesturan na páxina de sucesos, afastado do bloque de información política”.

Noelia Otero salientou que este tipo de decisións nos espazos informativos da CRTVG son as que provocan que os traballadores e traballadoras do ente público leven xa “5 anos de venres negros protestando contra a manipulación e defendendo a pluralidade dos medios públicos”.

Advertiu que a dirección da CRTVG ten a responsabilidade de “poñerlle punto final de xeito inmediato” a esta conflitividade laboral dando cumprimento á Lei de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, vulnerada dende a súa aprobación en 2011, ou á nova Lei do Audiovisual estatal.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV