Información
Cloacas

O maior vertedoiro de pneumáticos de Galiza está en Lendo (A Laracha) xunto a unha poboación a que se lle oculta a exposición a maior contaminación de todos tipo de contaminantes químicos graves para a saude.

Información
20 Mayo 2016 2252 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Desde hai moitos anos, desde a década dos 90, nestas instalacións quéimanse os aceites usados de toda Galiza que se recollen en talleres, portos, etc., aceites usados de vehículos que xestiona a empresa PMA. Poucas actividades industriais haberá en Galiza máis contaminantes que a de queimar aceites usados de todo tipo de vehículos (e mesmo de transformadores).

Estas instalacións do grupo Campo en Lendo parece ser que teñen licenza para tratar todo tipo de reisduos tóxicos e perigosos. Unhas instalacións que á vista non semellan moi modernas, nen parece que dispoñan de moitas medidas de seguridade. Calquera persoa que pase pola autovía A Coruña-Carballo á altura da fábrica pode comprobar a modernidade das instalacións en cuestión.

Por certo, lembremos que no seu historial tamén figura a acumulación de balsas de chapapote procedente do Prestige. 35.000 toneladas de pneumáticos as que hai acumuladas nas instalacións do grupo Campo, en Lendo (A Laracha). Son moitos os anos que se levan amoreando as rodas neste lugar, décadas diría eu. A maior parte da veciñanza da Laracha é coñecedora desta situación desde hai moito tempo.....Seguir leyendo...(+)