Información
Cloacas

Cal é a situación actual do expedente de revisión de oficio do contrato de subministración eléctrica para o Museo dos Muiños de Golmar, contrato formalizado no ano 2009 coa empresa Hidroeléctrica Laracha

Información
16 Mayo 2016 2280 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

Hai xa varios meses que o concello da Laracha acordou iniciar un expediente de revisión de oficio, por segunda vez, do contrato feito no ano 2009 coa empresa Hidroeléctrica Laracha para a subministración eléctrica do Museo dos Muiños na antiga rectoral de Golmar, logo de que fose recoñecido polo propio goberno municipal que esa obra non foi executada na súa totalidade (a raíz dunha denuncia presentada pola Fiscalía no Xulgado nº 3 de Carballo).

 

O Consello Consultivo de Galiza emitiu ditame favorábel a ese expedente de revisión de oficio, ditame emitido na data do 21 de outubro de 2015, polo que entendemos que o expedente continuou o seu curso normal. Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG queremos coñecer a situación desta revisión de oficio do devandito contrato, se houbo xa algunha resulución ou se vai producirse a caducidade do expedente como xa aconteceu anteriormente.

 

É por iso que desde o Grupo Municipal do BNG formulamos a seguinte PREGUNTA:

Cal é a situación actual do expedente de revisión de oficio do contrato de subministración eléctrica para o Museo dos Muiños de Golmar, contrato formalizado no ano 2009 coa empresa Hidroeléctrica Laracha para unha obra xa pagada que se demostrou non terse realizado na súa totalidade?

A Laracha, a 18 de maio de 2016

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha