Información
Cloacas

O ALCALDE DA LARACHA PAGOU PERTO DE 40.000 EUROS EN SEGUROS A UNHA EMPRESA, DA QUE Ë AXENTE O IRMÁN DO ALCALDE, SEN LICITACIÓN PÚBLICA...A DEDO.

Información
26 Agosto 2016 2440 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No pasado ano 2015 o Alcalde José Manuel López Varela (PPdeG) do concello da Laracha pagou a unha mesma empresa aseguradora uns 40.000 euros en seguros, sendo o irmán do alcalde “axente exclusivo” desa compañía tal e como aparece nun dos documentos relativos á proposta de seguro de responsabilidade civil, sen que existise licitación pública ningunha. En febreiro de 2015 o concello da Laracha publicaba un anuncio de licitación para a contratación de varios seguros (BOP 26 de febreiro de 2015). Posteriormente,  o 17 de marzo de 2015, publicábase un novo anuncio no BOP (boletín oficial da provincia) cunha resolución do alcalde da Laracha na que se acordaba a suspensión desa licitación, á vista das alegacións formuladas que evidenciaban erros nos pregos de contratación.  

Ao longo do ano 2015 non volveu licitarse a contratación dos seguros do concello da Laracha, e á vista da documentación exposta da Conta Xeral 2015 do concello pode apreciarse como se pagaron seguros de responsabilidade civil (aproximadamente 1.700 euros mensuais), seguros da maior parte dos vehículos municipais e outros como por exemplo un seguro para as actividades formativas/deportivas de outubro 2015 a maio 2016 por 4.330 €, todos eles a unha empresa aseguradora na que figuraba como “axente exclusivo” o irmán do alcalde da Laracha (tal e como aparece reflectido no documento titulado “condiciones particulares del seguro de responsabilidad civil general” relativo a un dos contratos de responsabilidade civil.