Información
Galicia

Propoñen usar o Parlamento de Galicia para que se cumpla o cese inmediato da Valedora do Pobo

Información
08 Abril 2019 570 votos
4.5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 90%

O BNG considera inaceptable que a valedora do pobo, condenada por abuso de poder tras enchufar á irma do portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, continúe no seu cargo e avanza que presentará un escrito para reclamar que o vindeiro pleno debata e vote o cese inmediato de Milagros Otero.

 

“Está absolutamente descualificada, pero a sensación é que estamos ante un novo pacto bipartidista PP-PSOE para dilatar unha situación que degrada á institución, polo que o BNG eixe a dimisión de maneira inmediata. Neste sentido, imos rexistrar esa solicitude para que se debata no vindeiro pleno do Parlamento, veremos se hai vontade por parte destes grupos”, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón, en resposta ás preguntas dos medios nun acto sobre seguridade vial en Pontevedra.

“Non nos vale esta dimisión en diferido onde unha persoa condenada por enchufismo na Valeduría do Pobo pretende seguir tan ricamente como se non pasara nada. A sensación que ten o BNG é que isto se produce por un pacto entre PP e PSOE, tendo en conta que o nomeamento de Milagros Otero xa é o resultado dun pacto entre esas dúas forzas”, reiterou.  Pero é “inadmisible” que unha persoa condenada por enchufismo siga á fronte dunha institución “que ten por función velar polo cumprimento da lei e por un trato igual entra a cidadanía”.

“E indignante e vergoñento en termos democráticos a situación que se está vivindo, nunha institución que o PP está denigrando”, recalcou, “porque resulta evidente que a valedora ten o apoio de Feixóo para seguir e isto tamén demostra cales son os principios democráticos do presidente da Xunta: que lle parece ben o enchufismo e non lle preocupa que estea afectando a unha institución como é a Valeduría do Pobo. Pensábamos que as dimisión en diferido eran dos tempos de Cospedal e de Raxoi, pero vemos que Feixóo quere coller o relevo”, ironizou

Otros articulos relacionados.....