Información
Galicia

Ourense en Común sinala a un “doble raseiro” do PP co alcohol, con bebedores de primeira que pagan nos bares, e de segunda, que se reúnen nas prazas

Información
05 Abril 2019 218 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • O problema co alcohol é algo máis que o botellón, é un problema de saúde pública.

  • O PP busca unha nova norma namentres desatende o cumprimento das que xa existen: bares sen licenza de pub, veladores ilegais, horarios sen control, ou sonómetros desactivados deixan desamparadas ás veciñas do Casco Histórico.

     

  • O PP derivou coa norma do botellón, nun proceso vago, cheo de incongruencias, baleiro de alternativas e con premura electoralista.

  • Sofía Godoy intentou en varias ocasións coaccionar aos grupos para que renunciaran ao seu dereito legal de presentar emendas ao borrador.

  • Ourense en Común defende a participación de médicos, educadores, mozos e mozas, asociacións de consumo, ou ANPAs, na redacción da norma sobre o consumo de alcohol.

Ourense, 05 de abril de 2019

Posicionamento de Ourense en Común solicitando a retirada do punto sobre a ordenanza do botellón na orde do día do pleno desta mañá:

En xaneiro de 2018, o PP no concello anuncia que elaborará unha ordenanza municipal para regular, literalmente, “o consumo de bebidas alcohólicas en espazos públicos”. Daquela facían un brindis ao sol anunciando que Sofía Godoy de sanidade, Belén Iglesias de educación, José Araújo de limpeza e medio ambiente, e Carlos Campos de seguridade cidadá e policía local, xunto cos técnicos das áreas respectivas, ían analizar a problemática conxuntamente. Aquí faltaba Flora Moure para falar dos veladores, dos nocturnos.

En xuño dese ano seguiamos solicitando información en xuntas de área.

O primeiro borrador da norma chegou o 13 de setembro, e o 14 os grupos municipais fomos convocados a unha primeira xuntanza, con menos de 24h para ver a proposta, da que se extrae o seguinte:

- que se activará Ocioourense

- que se está facendo unha consulta na web do concello; consulta que foi emendada por OUeC, por presentar, segundo expertos consultados, deficiencias básicas na súa forma e plantexamento, ofrecendo resultados insuficientes e sesgados, e impedindo extraer conclusións reais. É dicir, unha perda de tempo para as veciñas que participaron.

- tamén se extrae que esta ordenanza do alcohol se tiña que acoplar ás ordenanzas de veladores e de limpeza, que estaban en elaboración. Isto desbotouse polo camiño porque non foron quen de traballar coordinados para que esas ordenanzas se publicaran. Así que o obviaron.

5 días despois volvemos ter outra reunión, xa recollendo acta, na que,

- Sofía Godoy recalcaba que estas 2 reunións son para “evitar que logo fagamos emendas e retrasar o proceso”, cando o proceso viña xa retrasado desde o momento en que o goberno levaba case un ano sen avanzar na norma. Montserrat Valencia, edil de Ourense en Común, advertía daquela a Sofía Godoy que ese comentario case podería converterse nunha coacción de cara os grupos municipais, que teñen a potestade legal de facer emendas.

- Ourense en Común demanda a necesidade de que expertos, médicos, educadores, mozos e mozas, asociacións de consumo, ou ANPAs, participen na redacción desta norma, que nin é sinxela, nin é para deixala á arbitrariedade de políticos e técnicos, que descoñecemos a incidencia na saúde, dun lado, e a incidencia da prohibición, doutro. Sofía Godoy négase a falar desa mesa.

A mediados de novembro de 2018, sibilinamente, trasladan os grupos municipais unha decisión da Xunta de Goberno de abrir o periodo de emendas á ordenanza, para evitar pasalo por comisión de pleno e deixar que os grupos teñamos 10 días para emendar a proposta de ordenanza definitiva que se levará o pleno antes da súa derradeira aprobación.

Desde entón, o PP puxo a traballar á súa prensa, e comezaron a saír á luz noticias dos botellóns na cidade: que os veciños protestan polos ruidos, polo lixo, polas liortas nocturnas ata ben entrada a noite...O alcalde anuncia nos medios de comunicación a necesidade desta norma pola “preocupación” que ten pola saúde das persoas que consumen.

O que non calcularon é que desde hai semanas eses mesmos veciños denuncian a situación de ruidos, de lixo, de liortas...pero non dos botellóns, senón de bares sen licenza de pub que teñen veladores ilegais, que non respectan os horarios de peche, que os sonómetros da zona vella están desactivados, que a policía local non ten dispositivos para facer as medicións de ruido nas vivendas, e que non están formados pese a telo solicitado, e que algúns deses bares colgan nas súas redes sociais fotos nas que aparece o indicador de decibelios a 115.2 cando o límite da ordenanza de ruidos está en 90 decibelios!!!!

E para isto cal é a solución? Ou é que non é saúde, non é ruido, non é lixo, non é seguridade cidadá???

Que importancia lle dan? Bebedores de primeira, os que pagan nos bares; e bebedores de segunda, os que se reúnen nas prazas.

Que o botellón é un problema, desde logo. E desde OUeC queremos que se regule PERO NON ASÍ, cun proceso vago, cheo de incongruencias, baleiro de alternativas e con esta premura electoralista.

Otros articulos relacionados.....