OS SOCIALISTAS CHAMAN A ABRIR UNHA NOVA ETAPA NA OFICINA DO VALEDOR DO POBO LOGO DA RENUNCIA DA SÚA TITULAR
OS SOCIALISTAS CHAMAN A ABRIR UNHA NOVA ETAPA NA OFICINA DO VALEDOR DO POBO LOGO DA RENUNCIA DA SÚA TITULAR
Información
04 Abril 20191324 votos - Registrate para votar
Patricia Vilán insta á Valedora a que “deixe de representar á institución” logo da condena por facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular
Santiago de Compostela, 04 de abril de 19. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, chamou hoxe a abrir unha nova etapa na Oficina do Valedor do Pobo logo de que a súa actual titular presentara a renuncia. Vilán instou a Milagros Otero a que “deixe de representar a unha institución” que “non pode seguir sendo danada por unha persoa que ten unha condena ás súas costas” por facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular.
Así o dixo logo de que a Valedora enviara unha carta ao presidente do Parlamento “formalizando a súa renuncia” apelando ao artigo 5.1.5ª da Lei do Valedor, que determina o cese do seu titular “por ser condenado, mediante sentenza firme, por delito doloso”. Vilán chamou a organizar o relevo no horizonte máis curto de tempo seguindo o procedemento que “marca a Lei do Valedor” para designar un novo titular.
Milagros Otero asinou esta misiva despois de que o Tribunal Supremo ratificara a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza contra ela do pasado mes de xuño por “arbitrariedade” e “desviación de poder” ao facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular. A Valedora presentou un recurso de casación diante do Supremo que vén de ser rexeitado, esgotando con iso a vía xudicial.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)