Información
Galicia

Admitida a trámite a demanda contra o Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza orquestado polo PPdeG na Xunta

Información
31 Marzo 2019 687 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT

Parece que o despacho do director xeral de Función Pública non é seguro. Ollo! Calquera pode entrar!!

Desta forma da comezo a loita xudicial da CIG para a salvagarda dos dereitos do persoal e así dar solución das inxustizas deste mal Acordo que non recupera os dereitos laborais e económicos perdidos na última década e establece discriminacións entre o persoal empregado público.

 

Nesta demanda a CIG fixa os seguintes obxectivos:

CARREIRA PROFESIONAL

  • Ampliación do seu ámbito de aplicación: universalizala para todo o persoal empregado público sen chantaxes nin subterfuxios.
  • Acceso ao sistema extraordinario a todo o persoal e sen condicionados.
  • Revisión das contías dos graos aumentando os importes dos máis baixos co fin de minguar a brecha salarial.
  • Solucionar a falta de garantía orzamentaria, buscando a consolidación salarial ao longo do tempo.

FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

Non se garante un acordo xeral de condicións de traballo que recolla os dereitos laborais e salariais actuais, especificamente:

  • Non hai concurso de traslados nin promoción interna previas aos procesos de funcionarización.
  • Os dereitos laborais do V Convenio non se trasladan para o persoal funcionario, incluídos os dereitos de xubilación.
  • Os dereitos salariais como os pluses, que din recoller nun chamado complemento persoal de funcionarización, pérdense ao concursar e non se trata un Acordo salarial global para todo o persoal (trienios, niveis e complementos).
  • Non se garante concursos de traslados futuros ao persoal que non se funcionarice.

COMISIÓN DE SEGUIMENTO

O Acordo de concertación establece poderes de negociación colectiva á Comisión de Seguimento. Cun absoluto desprezo antes da súa publicación xa estaba funcionando como mesa negociadora. Deste xeito retiráronse e modificaron moitas cuestións substanciais do propio texto do Acordo de concertación como a obriga da Dirección Xeral de Función Pública de instar para que o persoal funcionario teña dereito a xubilación parcial.

Director xeral da Función Pública. José María Barreiro Díaz  “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

 Denuncian que el Director de la función pública de la Xunta deja la puerta abierta de sus despacho para que se sirvan de documentos los que pasen por alli.

Resulta que CCOO e UGT andan repartindo “confidencialmente” un papeliño cos asuntos que cociñan na comisión de seguimento do acordo de concertación. E como outras veces, resulta tamén que ese papeliño chegou á CIG. Que mala pata!

Volve a resultar, ademais, que nese libelo aparecían as cousas que o director xeral de Función Pública ía traer o día 25 de marzo á Mesa Xeral, que curiosamente ía expoñer como unha cesión e o resultado dunha dura negociación con CCOO e UGT que así “conseguen arrancarlle á Administración” unhas condicións máis benignas para a funcionarización.

Tamén resulta, que xa sabiamos máis cousas desas que o director anuncia na Mesa Xeral, como cando se vai publicar a orde de carreira profesional, cantos funcionarios cumpren cos requisitos (8.000) e cantos laborais (3.000), etc.

Vamos, que tiñan todo cociñado previamente e viñeron a montar un espectáculo valleinclanesco dun duro tira e afrouxa onde o resultado, Oh! por Don Manoel!!, xa o tiña a CIG enriba da mesa dende facía 3 días.

Como é natural, o noso compañeiro na Mesa pedíu explicacións desta ópera bufa (case podemos dicir que pediu tamén que lle devolveran o importe das entradas da Mesa Xeral). A resposta do director xeral a por que nos chegou un documento co guión desta película esperpéntica onde se proba que todo o que traen á Mesa está negociado previamente vai en consonancia coa función teatral: “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

 Pois nada, terá que dar sete voltas axeonllado e cun capirote a San Caetano, por neglixente, e terá que tomar medidas drásticas, non vaia ser que a próxima vez lle saian do seu despacho os papeis desfilando.

Otros articulos relacionados.....