Información
Galicia

Goretti fai electoralismo presuntamente prohibido anunciando un catálogo de honras e simboloxía franquista financiado con fondos públicos en plena campaña electoral

Información
30 Marzo 2019 694 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña inicia o proceso de retirada de distincións a persoas vencelladas ao franquismo

O pleno da Deputación da Coruña aprobou, co voto unánime de todos os grupos presentes no pleno, unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vencelladas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. Como paso previo aprobouse a elaboración dun catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciará o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios.

Cos votos a favor de PSd-G-PSOE, BNG, PP, Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños e Compostela Aberta, a totalidade dos grupos con representación, o pleno da Deputación aprobou a declaración institucional encamiñada a iniciar o proceso de retirada de honras e distincións ás persoas vencelladas ao franquismo e a represión.

 

Segundo a iniciativa aprobada, a Deputación da Coruña procederá ao longo de 2019 a aprobar un novo Regulamento de Honras e Distincións e elaborar un catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista.

Co obxectivo de iniciar o proceso para a revocación das honras, a Deputación da Coruña incoará o correspondente expediente, seguindo os procedementos oportunos para invalidar todas as distincións, nomeamentos, títulos honoríficos e demais formas de exaltación de persoas que participaron activamente no golpe militar e na represión da ditadura, así como tamén para eliminar a simboloxía franquista nos edificios pertencentes á institución provincial.

Esta nova declaración institucional da Deputación da Coruña dá continuidade á aprobada o 29 de xullo de 2016 sobre a retirada dos títulos honoríficos e distincións concedidas a Francisco Franco, dando cumprimento á lei da memoria de 2007. Desta volta, o alcance da iniciativa declara a vontade de revocar todas as honras e distincións concedidas pola Deputación a persoas vencelladas con feitos e prácticas represivas realizadas durante o golpe militar e a ditadura, así como a retirada de simboloxía "propia dese réxime antidemocrático nos edificios pertencentes á institución provincial".

Otros articulos relacionados.....