Información
Galicia

ENCE non pode estar por riba da lei

Información
27 Marzo 2019 1242 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Piden a Feixóo que deixe de facer de “conselleiro delegado” da pasteira e lidere o proceso de traslado fora da Ría de Pontevedra

Desvela que o Goberno de Raxoi non pediu informe á Avogacía do Estado da prórroga de 60 anos adicionais que si motivou un recurso do  Concello

Demanda superar unha política forestal pirómana que enche Galiza de eucaliptos a favor da multinacional

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu a Feixóo que deixe de exercer de “conselleiro delegado” de ENCE e actúe como presidente liderando o traslado da pasteira fora da Ría de Pontevedra, en lugar de poñerse de lado da multinacional defendendo unha prórroga “inmoral e ilegal”, que a Avogacía do Estado acaba de declarar “non conforme a dereito”.

“ENCE non está por riba da lei por moito que sexa unha empresas do IBEX 35”, proclamou Pontón, “e cambiar as leis para favorecer a ENCE ten un nome: corrupción”, en referencia a prórroga aprobada polo goberno en funcións de Raxoi en xaneiro de 2016, despois da súa privatización a prezo de saldo por parte doutro goberno do PP, o de José María Aznar.

“A ningunha empresa lle regalan 600 mil metros cadrados de dominio público, a ningunha lle permiten estar 115 anos nun lugar cando a lei di que o máximo son 75, nin lle perdoan 6 M€ anuais en canón de saneamento e a ningunha lle permiten inzar o país de materia prima barata e inflamable, sen tan sequera pechar o ciclo produtivo do papel”, argumentou a dirixente nacionalista.

Por iso, Pontón reclamoulle a Feixóo que mude o papel de “delegado” de ENCE para exercer como presidente e pilotar o traslado da pasteira, traslado de empresas contaminantes que xa fixeron as grandes cidades de Europa desde Londres a Barcelona, pasando por Málaga ou Bilbao, “e para esa ría foi unha bendición que lles permitiu ganar un espazo urbano e xerar centos de postos de traballo”.

A dirixente do Bloque acusou ao xefe do Executivo de “mentir e enganar” aos galegos e galegas lembrándolle a súa posición en 2009: “Non cabe a posibilidade de manter a ENCE na ría, non imos dicir unha cousa e facer a contraria”, declaraba entón. “Fixo todo o contrario e saltou como unha hidra para defender á multinacional ante a decisión da Avogacía do Estado que lle da a razón ao Concello de Pontevedra e á APDR, os únicos que denunciaron a ilegalidade da prórroga do PP”, explicou, ademais de desvelar que o Goberno de Raxoi non solicitou informe algún para adoptar a decisión de agasallar con 60 anos extra á pasteira. “Será que sabían que ía ser contraria?”, interpelou.

Pontón responsabilizou á multinacional e ao PP de ter chegado a esta situación e reiterou que o BNG pide algo tan elemental como “que se cumpra a lei” e que Feixóo exerza as súas competencias para levar a cabo o traslado da pasteira, “en lugar de poñerse do lado dunha multinacional con accionistas que se fan ricos a costa de contaminar a ría de Pontevedra”.

Solidariedade e recoñecemento na loita contra o lumeSacar adiante unha prórroga que a propia Avogacía do Estado acaba de declarar “non conforme a dereito” non foi a única maneira en que o presidente da Xunta actuou como  “valedor” da empresa. Tamén o fai cando persiste nunha política forestal “fracasada e pirómana” ao servizo da multinacional, unha política forestal “que pon en risco vidas humanas e provoca un dos maiores problemas ambientais deste país”.

“Necesitamos unha nova política forestal ao servizo de Galiza e non ao servizo de ENCE”, reclamou, tras expresar a solidariedade do BNG cos veciños e veciñas afectados polos incendios, en particular en Dodro e Rianxo, e o recoñecemento ás persoas que están loitando contra o lume.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago