Información
Galicia

RECLAMAN O CESE DO CONSELLEIRO DE SANIDADE POLO CONFLITO ABERTO CONTRA A SANIDADE PÚBLICA

Información
27 Marzo 2019 219 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Julio Torrado denuncia o “desleixo” dun goberno “máis preocupado de presumir que de xestionar” e que reduciu 188 millóns euros de Orzamento e 1.249 profesionais dende 2009

Denuncia que a “preguiza” do goberno galego impide a asignación de prazas MIR que o goberno central intenta resolver

 

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 19. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe o cese do conselleiro de Sanidade polo conflito aberto na sanidade pública, con “dimisións de xefes de servizos, ameazas de folga, conflito cos PACs e a busca de enfrontamento entre os colectivos. Así o dixo no debate dunha interpelación parlamentaria na que reclamou o reforzo da Atención Primaria.

Torrado denunciou o “desleixo” do goberno galego “máis ocupado en presumir que en xestionar” as consecuencias do recorte de 188 millóns de euros e a supresión de 1.249 prazas de profesionais da sanidade dende 2009. O responsable socialista ironizou que o conselleiro “en vez de dimitir provoca ceses”, en alusión á saída do conselleiro vasco de Sanidade do seu goberno despois de ter visitado ao responsable do goberno galego.

O responsable socialista criticou a un conselleiro “unicamente preocupado da súa imaxe e non de ofrecer solucións”, como demostra a súa xestión do cese masivo de xefes de servizo en Vigo, máis preocupado en acusalos de “faltar á verdade” que en atender ás súas demandas. Así o fixo tamén criticando ás persoas que se manifestaron en defensa da sanidade afirmando que “asistían porque lles pagaban o autobús e o bocadillo”.

Prazas MIR

Acusou ao goberno galego de situarse en “modo campaña electoral” cunha “demostración do que é un goberno escapista”, fronte á “implicación” demostrada polo goberno de Pedro Sánchez en mellorar a xestión sanitaria. Lamentou que estean “máis preocupados de buscar culpables que de resolver problemas” e lembrou que o goberno central non puido conceder máis prazas MIR porque o PP non fixo o traballo de acreditalas.

Explicou que o goberno galego estivo “calado” durante os 7 anos de goberno de Rajoy nos que tivo paralizadas 500 prazas MIR en todo o Estado, e “agora pretenden que o goberno de Pedro Sánchez resolva en 7 meses”. Anunciou que este Executivo presentará o MIR “máis grande da historia” mentres o goberno galego está “unicamente preocupado de buscar a quen botarlle a culpa” porque “acordaron agora que había un problema”.

Neste sentido, criticou que teñan advertido das xubilacións previstas para a sanidade pública “cando lles fan a festa de despedida aos médicos” e sen tempo de preparar o relevo porque non tiñan ampliado os médicos en formación nin enviado as acreditacións necesarias para ampliar as prazas MIR.

Otros articulos relacionados.....