ESQUERDA UNIDA CELEBRA A DECISIÓN DA XUÍZA DE INICIAR O PRIMEIRO XUÍZO DO PAÍS CONTRA O PPdeG POR UN DELITO ELECTORAL DE CARREXO DE VOTOS

Información
09 Junio 2016 4259 votos - Registrate para votar

carretaxevotos1Insistimos en que o ex tesoreiro do PP de Galicia, José Luís Iravedra e a membro do comité executivo provincial, Teresa Taboada Candal deben asumir responsabilidades políticas ante estes feitos.

Yolanda Díaz: "Esiximos a Feijóo que condene publicamente os feitos e garanta que non se repitan nunca máis".

 

Lugo, 09 de xuño de 2016. A coordinadora de Esquerda Unida e candidata de En Marea pola provincia de A Coruña,?Yolanda Díaz, xunto co deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida,?Ramón Vázquez, ofreceron esta tarde unha rolda de prensa na que celebraban a decisión da xuíza de procesar a catro membros do PP como presuntos autores dun delito electoral: José Luís Iravedra, Teresa Taboada, Serafín Rodríguez e Benigno Gómez.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (Auto acordando diligencias2.pdf)Auto acordando diligencias2.pdf 1552 kB

"Consideramos un éxito para a democracia que se vaia celebrar o primeiro xuízo do país por un tema de carrexo de votos, unha práctica, por desgraza, estendida e asumida polo PP en Galicia. O considero un paso esencial na titánica loita de rexeneración democrática no noso país", sinalou o deputado Ramón Vázquez.

"O presidente do PP de Galicia, e dos galegos e galegas, debe cesar de todos os seus cargos ás persoas implicadas neste asunto e debe dar cumprimento do seu almidoado código ético, facendo asumir responsabilidades a aquelas persoas implicadas nesta trama e nas que pende a apertura da fase do xuízo oral", destaca a coordinadora de EU, Yolanda Díaz.

Segundo recorda Ramón Vázquez, "este feitos que denunciamos tiveron lugar nos pasados comicios do 21 de outubro de 2012 e foron expostos por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), primeiro, ante a Xunta Electoral e, despois, no xulgado". Concretamente, Esquerda Unida decidiu presentar a denuncia despois de que o deputado de AGE, Ramón Vázquez, fose testemuña dos feitos, xa que se atopaba ás portas do colexio cando chegaron, procedentes do asilo e cos residentes, monxas e membros do PP "os mesmos aos que agora pedimos que asuman as súas responsabilidades políticas", esixe o deputado.

Para Díaz, "o feito de que cargos do PP se senten no banquillo por actos tan execrables, e que todos puidemos contemplar nas fotos, na que altos responsables do PP que trasladaban anciáns, aos que o propio IMELGA dictaminou que non estaban en condicións para exercer o seu dereito ao voto, xa que tiñan alteradas as súas facultades cognitivas, é un feito histórico que celebramos, aínda que esiximos responsabilidades políticas e así o fixemos dende o minuto un".

Neste sentido, Ramón Vázquez recordou que "Teresa Taboada resultou nomeada membro do comité executivo provincial do PP de Lugo, celebrado o pasado marzo e asume o cargo de coordinadora sectorial neste órgano. Se verdadeiramente a presidenta do Partido Popular de Lugo, a señora Candia pretende escenificar unha renovación do partido, tal e como presume, debe cesar a Teresa Taboada de todos os seus cargos, máis cando se presenta como o azote do control do goberno da deputación provincial".

Para Yolanda Díaz, "estos feitos demostran que os imputados formaron parte dun comando organizado do Partido Popular para carrexar votos e que agora, tal e como remarcamos, estas persoas deben asumir as súas responsabilidades políticas, xa que é bochornoso gañar unhas eleccións a este prezo: denigrando ás persoas e na ilegalidade". "É un tema sumamente serio. Falamos de persoas en situación de especial vulnerabilidade, como son os residentes na Residencia Hogar San Roque, que exerceron forzadamente o seu dereito de voto portando a papeleta nun sobre pechado desde a salida da residencia, é un feito bochornoso e denigrante que está tipificado na normativa electoral", critica Díaz.

Finalmente, Ramón Vázquez incidiu en que pedirán a comparecencia como testemuña do ex presidente do PP provincial José Manuel Barreiro e da monxa directora do asilo para testificar como responsables desta aberración democrática.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago