Información
Galicia

Feijóo contra as cordas ante a petición dunha delegación de eurodeputadas aos ríos galegos para comprobar o seu saneamento

Información
23 Marzo 2019 633 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

conselleiroxuntappdegaliciatirnandomierdaalrioA eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo esta tarde que o Parlamento Europeo leve a cabo, na seguinte lexislatura, unha nova visita a Galiza para comprobar o estado do saneamento da auga en Galiza, pero en este caso, facendo un percorrido polos ríos galegos. Salientouno ao longo da xornada “O acceso á auga como dereito: Aplicación da normativa e execución dos fondos”, que o BNG organizou hoxe na Eurocámara.

El Portavoz del PP de Santiago denuncia la suciedad del río Sar, arrojando basura al río. 

El Portavoz del PP de Santiago denuncia la suciedad del río Sar, arrojando basura al río.

Segundo explicou a eurodeputada galega, esta sería a segunda fase da visita que unha delegación de eurodeputados e eurodeputadas realizaron a Galiza no ano 2013 a través da Comisión de Peticións da Eurocámara para analizar a situación das rías galegas. Asegurou, asemade, que resulta imprescindible recoller as demandas e suxestións das plataformas medioambientais galegas que en Bruxelas explicaron polo miúdo os problemas tanto das rías como de ríos como o Támega, o Umia, entre outros.

Ademais de expoñer as situación concretas de cada zonas, os representantes das diversas plataformas galegas participantes na xornada de traballo, como Ríos Limpos, Auga Limpa xa!; Salvemos o Támega; Pladever, Contra a Ampliación da EDAR dos Praceres; en Defensa da Ría de Vigo CIES; e Polo saneamento integral da Ria do Burgo, propuxeron a celebración dun encontro destas entidades no Día Mundial do Medio Ambiente 2019 (no mes de xuño). O seu obxectivo radica en afondar as cuestións abordadas hoxe a fin de seguir facendo a presión suficiente que permita a rexeneración do medio.

Igualmente fixeron os representantes locais do BNG en Caldas de Reis, Manuel Fariña; Culleredo, Antonio Chouciño; Cee, Serxio Domínguez; Ames, David Santomil; Viveiro, Severino Salgueiro; e Verín, Diego Lourenzo,  quen explicaron a situación das súas vilas no tocante ao saneamento e a construción das infraestruturas. 

“Para o BNG a acceso á auga e o seu saneamento é dos dereitos fundamentais e desde esta perspectiva organizamos esta xornada de traballo”, salietnou Ana Miranda, quen lembrou que esta xornada deu continuidade á sesión da Comisión de Peticións -da que é titular- do pasado 21 de xaneiro na que se defendeu a necesidade de seguir tratando os problemas que persisten na ría de Vigo e, sobre todo, na ría do Burgo.

Perspectiva europea 

Ademais dos problemas específicos de Galiza, a conferencia tamén contou coa perspectiva europea da man das intervencións de Pablo Sánchez Centellas, da Iniciativa Cidadá Europea polo dereito a auga (European Public Service Union), Veronica Mandredi, Directora para a calidade de vida (da Dirección Xeral Medio Ambiente da  Comisión Europea, DX ENVI); Paul Brotherton, de Living Rivers Coallition; Peter Gammelthof, Consultor experto en auga, ex director da Dirección Xeral ENVI; e Ruth Pérez, da Fundación da Nova Cultura da Auga.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)