Información
Galicia

Feijóo suspendeu o paseo electoral por Bueu por medo aos traballadores das ambulancias

Información
21 Marzo 2019 736 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O presidente da Xunta tivo que modificar a súa axenda pola protesta dun grupo de traballadoras/es do sector de ambulancias, que se desprazaron até Bueu para trasladarlle as súas reivindicacións durante o paseo que Núñez Feijóo tiña previsto realizar pola localidade acompañado da candidata á Alcaldía.

 

A presenza dos empregados/as das ambulancias fixo que o máximo responsábel do Goberno galego optase por suspender o percorrido que tiña pensado facer pola vila acompañado dos medios de comunicación e da cabeza de lista do PP de Bueu e rematase por pecharse nun restaurante para celebrar un mitin.

Os traballadores/as das ambulancias, que están en folga até este domingo, continúan a reclamar que se retomen as negociacións que a patronal do sector decidiu suspender de xeito unilateral para renovar un convenio colectivo que garanta unhas condicións laborais dignas. 

Otros articulos relacionados.....