Información
Galicia

O Concello de Lugo tramita expediente disciplinario a tres policías locais por negarse a facer os servizos notificados

Información
17 Marzo 2019 455 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Lugo tramita a apertura de expediente disciplinario a tres policías locais por non presentarse ao seu posto de traballo como reforzos dos seus compañeiros da quenda normal de traballo, a pesar de ter recibido a notificación pertinente. Os reforzos foron decretados en atención das circunstancias especiais que concorrían en cada un dos casos, sempre relacionadas coa celebración na cidade de eventos que obrigaban a iso ao ser claramente insuficientes os efectivos cos que contan as quendas de traballo ordinarias.

 

A tramitación dos expedientes xustifícase en que estas ausencias poden ser englobadas nas faltas que a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia (Lei 4/2007, de 20 abril, e DOG 3 de maio de 2007) tipifica como “moi graves” o “graves”:

“Artigo 79. Faltas moi graves: 
e) A insubordinación individual ou colectiva, respecto ás autoridades ou mandos de que dependan”.
f) O abandono do servizo, salvo que exista causa de forza maior que impida comunicar ao mando superior dito abandono”.

“Artigo 80. Faltas graves:
b) A desobediencia aos mandos superiores xerárquicos ou responsables do servizo con motivo das ordes ou instrucións lexítimas dadas por aqueles, salvo que constituíse infracción manifesta do ordenamento xurídico”.

O Goberno lucense lembra que a ausencia inxustificada dos axentes das forzas de seguridade nos actos onde son requiridos como apoio ou reforzo pon en perigo o bo transcorrer dos actos así como á propia cidadanía que participa nos mesmos.

Os servizos xurídicos do Concello de Lugo estudan incorporar ao expediente disciplinario que se tramita aos oficiais da Policía Local as declaracións, os insultos e as descualificacións, en moitos casos machistas, proferidos por membros do sindicato CSIF contra a Alcaldesa, Lara Méndez, na rolda de prensa ofrecida esta mañá, xa que nela participaron dous dos oficiais que estaban na reunión de onte na que a rexedora e o director xeral de Recursos Humanos intentaron explicarlles a proposta de redistribución das quendas dos axentes. Foi precisamente pola actitude mantida nesa reunión pola que o Concello activou a apertura dos expedientes disciplinarios.

O Goberno local entende que a rolda de prensa foi unha continuación das faltas de respecto que onte proferiron contra a rexedora, con cualificacións como “generalísima coas tropas diante” e “capitana generala”, ou frases como  “esta desfai todo por un pronto e un calentón”, “entendendo que é un calentón dela porque non lle dá máis”, “minte todos os días”, “non se entera de nada”, “desidia e nula xestión”, “pataleta que colleu”, “montou a pataleta despois no sentido no que está hoxe, que non sei como está”, ou “afloroulle outra vez o xenio á Alcaldesa”, por citar só algunhas das expresións. Ademais, polo menos nunha decena de ocasións acusárona de mentirosa.

Ademais, o Goberno entende que na rolda de prensa queda patente como intentan restarlle autoridade á máxima autoridade da Policía e á máxima autoridade do Concello de Lugo, con expresións como “eu cando me chaman a unha reunión, pódome levantar ou non da reunión, ou teño que estar sentado ata que a señora Alcaldesa, capitana generala me mande levantar”. Ou mesmo “a Alcaldesa presentouse cuns papeis, que xa se viu que era coa intención de colar, falar do seu libro”.

Desde o Concello sublíñase que a de onte foi unha reunión de traballo da máxima autoridade da Policía cos oficiais para comunicarlles a redistribución das quendas, non unha negociación sindical. E lembra, ademais, o que recolle a Lei de Coordinación de Policiais Locais de Galicia:
- No seu artigo 5 sobre a “Natureza xurídica e denominación”, di: “Os corpos da Policía Local son institutos armados de natureza civil, con estrutura e organización xerarquizada, baixo a superior autoridade e dependencia do alcalde respectivo, ou do concelleiro no que este delegue”.

- No artigo 27 do “Corpo da Policía Local”, sostén, no punto 2: “O posto de xefatura exerce a máxima responsabilidade da Policía Local e ostenta o mando inmediato sobre todas as unidades, seccións e servizos nas que se organiza o Corpo, baixo a superior autoridade do alcalde ou concelleiro no que delegue”.

Ademais, o Goberno considera lamentable que un axente de Policía, un oficial concretamente, considere “calquera cousiña” que un axente non acuda ao seu posto de traballo como reforzo dos seus compañeiros da quenda ordinaria a pesar de recibir a notificación correspondente. Lembra que a ausencia inxustificada dos axentes das forzas de seguridade nos actos onde son requiridos pon en perigo o bo transcorrer dos actos, así como á propia cidadanía que participa nos mesmos.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)