Información
Galicia

Aitor Bouza: “O cambio chegou a Moncloa até nos colchóns”

Información
14 Marzo 2019 519 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

FainoConPedro3A. Bouza: “Esta campaña significa que o cambio chegou a Moncloa até nos colchóns, porque tiñan que abrirse as ventás as portas e tamén o cambio de cama porque facía falla, non só os acordos que se tomaban baixo a cama senón tamén por enriba dela ao lado dela e contando con todas e todos porque na nosa España cabemos todos.”A. Bouza: “Esta campaña significa que o cambio chegou a Moncloa até nos colchóns, porque tiñan que abrirse as ventás as portas e tamén o cambio de cama porque facía falla, non só os acordos que se tomaban baixo a cama senón tamén por enriba dela ao lado dela e contando con todas e todos porque na nosa España cabemos todos.”
As mozas e mozos socialistas indicaron que “o señor Feijóo hoxe no Parlamento de Galicia recoñeceu claramente que o vindeiro Presidente do Goberno vai a ser Pedro Sánchez, e nós estamos claramente convencidos porque o apoio da mocidade o vai a ter.”


Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2019
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron hoxe na cidade de Santiago de Compostela a súa campaña, que repartiran ao longo de todo o territorio galego, “Faino con Pedro” na que os acompaña o colchón de Pedro Sánchez. 
O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, compareceu hoxe no campus universitario de Compostela indicando que “esta campaña significa que o cambio chegou a Moncloa até nos colchóns, porque tiñan que abrirse as ventás as portas e tamén o cambio de cama porque facía falla, non só os acordos que se tomaban baixo a cama senón tamén por enriba dela ao lado dela e contando con todas e todos porque na nosa España cabemos todos”.
Bouza explicou que  “se toda a mocidade galega que saíu ás rúas o pasado 8 de marzo, todos os homes e mulleres de Galicia que defenderon o feminismo, a igualdade, se todos os mozos e mozas de Galicia que defenderon os seus dereitos en contra dos retallos do Partido Popular e todas e todos os que sairán este venres defendendo a ecoloxía van a votar estamos convencidos e convencidas de que o vindeiro Presidente do Goberno será Pedro Sánchez”.
O líder xuvenil continuou afirmando que “non só nos estamos convencidas e convencidos, o señor Feijóo hoxe no Parlamento de Galicia recoñeceu claramente que o vindeiro Presidente do Goberno vai a ser Pedro Sánchez, e nós estamos claramente convencidos porque o apoio da mocidade o vai a ter”.

As e os mozos socialistas indicaron que o vindeiro 26 de abril “temos que decidir que España queremos, hai dous modelos que se presentan nestas vindeiras eleccións, a España que retrocede, que volta ao pasado, machista, cavernaria, a que quere que as mozas e mozos non teñan dereitos no futuro e fronte a esa España que propón a dereita temos a España plural, feminista, diversa, na que cabemos todas e todos”.
Ademais aproveitaron para lembrarlle aos mozos e mozas galegas que “a mellor receita para loitar contra a dereita que ir a votar o vindeiro día 26 de abril. Queremos dicirllo a toda a mocidade que non se confíen, e por iso os animamos a votar”.
Animaron tamén á mocidade a sentarse no colchón para “contarnos todas aquelas inquedanzas, propostas e tamén preguntas que queiran facer para trasladarlle ao vindeiro Presidente do Goberno que será Pedro Sánchez”.
Dende a Organización concluíron dicindo que “Faino con Pedro xustamente para loitar en contra de todos eses retrocesos do Partido Popular. Algúns intentaron facer ver que a primeira decisión que tomou o Presidente do Goberno era algo negativo, nos queremos facelo en positivo, como fixo as propostas este Goberno. O colchón representa progreso, avance, as políticas socialistas e unha España na que cabemos todas e todos”.

Otros articulos relacionados.....