Información
Galicia

ABANCA deixa sen servizos a distancia a centos de miles de clientes baixo a total falta de transparencia creando grave intranquilidade das persoas afectadas

Información
27 Febrero 2019 401 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Durante a xornada de onte, os clientes e clientas de ABANCA non puideron acceder aos servizos a distancia da entidade bancaria. O que desde ABANCA catalogaron como “un fallo nas comunicacións” afectou aos caixeiros, á banca electrónica e á aplicación móbil. Tras varias horas sen noticias, un chío na conta de Twitter de ABANCA informaba a usuarios e usuarias de que a entidade se comprometía a devolver as comisións xeradas ao utilizar caixeiros doutras entidades.

 

Ao igual que as persoas afectadas por esta incidencia, esta asociación descoñece as causas que xeraron dita problemática. Ata o momento, desde ABANCA non comunicaron se as causas tiñan orixe interno ou externo, nin tampouco achegaron información actualizada e transparente sobre o que estaba a suceder.

Neste sentido, UCGAL quere manifestar o seu malestar pola mala xestión do servizo de atención ao cliente e pola escasa información que transmitiu a entidade a través das súas canles de comunicación. Resulta evidente que non se fixo un esforzo decidido por tranquilizar e orientar ás persoas afectadas. Esta falta de rigor na atención plantexa a cuestión de se o servizo de atención de ABANCA está preparado para facer fronte a situacións que podemos catalogar de excepcionais nas que as persoas consumidoras demandan e precisan información, transparencia e tranquilidade.

Ante a falta de información sobre as causas da incidencia non podemos aventurar cal é a responsabilidade real e obxectiva da entidade pola deficiencia do servizo pero, evidentemente, ABANCA deberá atender aos prexuízos ocasionados por este fallo. De tódolos xeitos, se a causa é endóxena, para esta entidade o tempo de resolución resulta excesivo e parece evidenciar un deficiente dimensionamento dos servizos técnico e de atención ao cliente.

As problemáticas resultantes deste fallo son moi diversas, algúns dos prexuízos serán máis sinxelos de cuantificar que outros. A casuística podería ser tan dispar que abranga desde usuarios do transporte público que non poden recargar as súas tarxetas de viaxe, a persoas con descubertos nas contas ou con problemas derivados das devolucións de recibos (luz, auga, administracións públicas).

En todo caso, desde esta entidade se recomenda ás persoas afectadas gardar os resgardos, tíckets e información que avale o prexuízo ocasionado pola caída dos sistemas a distancia de ABANCA ao fin de presentar a correspondente reclamación. No caso da banca electrónica e da aplicación móbil é importante rexistrar o problema capturando imaxes da pantalla.

Xa para rematar, recordar que estamos a falar da entidade bancaria con maior penetración en Galicia onde conta con centos de miles de clientes e, precisamente por isto, tanto pola importancia de ABANCA no día a día dos consumidores e usuarios galegos como pola duración desta incidencia, a resposta da entidade debería estar a altura das circunstancias.

A entrega a familia venezolana Escotet da Caixa ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com/8099-a-entrega-a-familia-venezolana-escotet-da-caixa-geral-supon-...

25 nov. 2018 - A entrega a familia venezolana Escotet da Caixa Geral supón un chanzo máis na alarmante concentración bancaria sen control de persoeiros ...

Feijóo le cobra el favor de la venta-regalo de ABANCA a Escotet ...

xornalgalicia.com/.../1570-feijoo-le-cobra-el-favor-de-la-venta-regalo-de-abanca-a-es...

5 ago. 2016 - Feijóo le cobra el favor de la venta-regalo de ABANCA a Escotet .... [PDF]Resolución DOG Jueves, 19 de diciembre de 2013 - Xornal Galicia.

REPORTAJE-ESPECIAL-LAZOS MADURO-CHAVEZ ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com/.../4414-reportaje-especial-lazos-maduro-chavez-galicia-galicia-eco...

2 sept. 2017 - Escotet Feijóo San Caetano amigosintimos Las Cloacas de Abanca y Feijóo; la relación entre Escotet y Hugo Chávez pasó de la cordialidad a ...

Llegaron un montón de patrullas, igual como ocurrió ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia

5 may. 2018 - Detienen en Venezuela a ejecutivos de Banesco y hombres de confianza de EscotetPresidente de ABANCA. "Llegaron un montón de ...

Rexeitan a creación dunha universidade privada en ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia

Traducir esta página

22 dic. 2018 - Rexeitan a creación dunha universidade privada en Galiza. Demandan a Feijóo e ao PPdeG na Xunta poñerlle freo as intencións de Escotet ...

O amigo Escotet de Feijóo obliga ao persoal da ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia

O amigo Escotet de Feijóo obliga ao persoal da Abanca a dirixirxe en castelan como forma de xestión en Galicia. Información: 22 Enero 2018. INE EXPTE ...

 

Otros articulos relacionados.....