Información
Galicia

Piden a comparecencia do conselleiro de sanidade para que explique o novo plan de atención primaria

Información
23 Febrero 2019 288 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O BNG solicita a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña para que explique, no Parlamento galego, as medidas sobre o novo Plan de Atención Primaria que a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado  cualifica de “saída en falso”.

A deputada e portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado asegura que o novo plan do Partido popular “non responde ás demandas urxentes” reclamadas por diferentes colectivos da Sanidade Pública galega e engade que está trufado de “ambigüidades e non concreta prazos” para a súa execución.

 

Por outra parte, tampouco prevé a recuperación das xerencias de Atención Primaria con capacidade de “decisión, resolución e orzamentos necesarios” para a aplicación das 175 medidas e propón, exclusivamente, un director con funcións de coordinación.

Prado tamén sinala que non establece o número de prazas convocadas na OPE para estabilizar ao persoal e rematar coa actual precariedade.

Otros articulos relacionados.....