Información
Galicia

Propoñen controlar coa cochinilla algodonosa a expansión da especie invasora uña de gato

Información
22 Febrero 2019 256 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A bióloga Cristina Vieites Blanco dedicou a súa tese de doutoramento a estudar os efectos da uña de gato no solo así como o potencial de determinados insectos e fungos para o control biolóxico desta especie invasora. A investigación realizouna no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e na USC, onde obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude con mención internacional. A investigadora da USC Margarita Lema Márquez e o investigador científico no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia Serafín González Prieto dirixíronlle a investigación. 

A uña de gato (Carpobrotus edulis), tamén coñecida como herba do coitelo ou uña de león, é unha planta suculenta orixinaria de Sudáfrica presente en zonas costeiras temperadas de Eurasia, África, América e Oceanía, onde pode colonizar dunas, acantilados e áreas perturbadas.

“En España localizouse por primeira vez en Baiona en 1892 e, na actualidade, atópase ao longo da costa peninsular e nas illas Baleares e Canarias”, explican os directores do traballo, que engaden que “ polo momento se estudaron os efectos no solo, centrándose na dispoñibilidade de macronutrientes en ambientes costeiros, principalmente dunares”. 

Neste contexto, deseñouse a tese con dous grandes cometidos. Por unha parte, estudar os seus efectos sobre as propiedades do solo en distintos tipos de hábitat invadido, con especial fincapé na dispoñibilidade de micronutrientes ou no ciclo do Nitrógeno. Así, observouse que os efectos son máis intensos nas zonas rochosas que nas dunas, e na capa máis superficial do solo, “o que indica que a invasora afecta principalmente as características do solo a través da acumulación de necromasa. Esta diferencia no seu efecto en solos de dunas e rochosos ten, á súa vez, consecuencia na dispoñibilidade de nutrientes en cada caso”, destaca a autora da tese. 

Ante estes resultados, os científicos apostan por “restaurar os ecosistemas invadidos pola planta nos primeiros estadios da invasión, coa fin de evitar que os efectos no solo se intensifiquen” e recomendan tamén “eliminar a necromasa exótica para evitar efectos herdados”. 

O segundo bloque da tese céntrase no control das invasións da uña de gato, que nestes momentos se realiza xeralmente a través do arrancado manual ou uso de herbicidas. Dado que unha posible alternativa é a introdución de axentes de control biolóxico, estudouse con ensaios en laboratorio o efecto individual e combinado da cochinilla algodonosa P. mesembryanthemi e do fungo S. sclerotiorum (podredume branca) na planta a curto e medio prazo. 

“As plantas infectadas polo insecto mostraron descensos transitorios que non conlevaron efectos significativos na supervivencia ou crecemento, mentres que o uso combinado do fungo e o insecto produciu soamente efectos sinérxicos a curto prazo”, destaca a autora, quen apunta como liña de investigación futura “a realización de experimentos en condicións de campo para coñecer posibles interaccións bióticas e abióticas deste insecto en condicións naturais”. 

Os resultados da tese ‘Effects on soil and alternatives for biological control of the invasive plant Carpobrotus edulis’, iniciada en 2014, publicáronse en revistas científicas de impacto como Science of the Total Environment ou Plant and Soil, onde se presentaron os efectos da planta en zonas rochosas e dunares de Galicia, constatándose que despraza a vexetación nativa e afecta o solo alternando o seu pH, modificando a dispoñibilidade de nutrientes e provocando grande acumulación de necromasa.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)