Información
Galicia

SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE “TAPAR E AGOCHAR” A SÚA AXENDA DE VIAXES INSTITUCIONAIS AO ESTRANXEIRO

Información
20 Febrero 2019 348 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Feijóo usa el avión de un millonario empresario gallego para su campaña

Díaz Villoslada critica o veto do PP a unha proposta para pedir a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta diante do Parlamento das viaxes ao estranxeiro

 

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 19. O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “tapar e agochar” a súa axenda de viaxes institucionais ao estranxeiro. Así o dixo logo de que o PP rexeitara hoxe unha proposición non de Lei presentada polos socialistas en Comisión parlamentaria para pedir que o presidente da Xunta dea conta no Parlamento logo de cada viaxe.

Díaz Villoslada sinalou que o presidente da Xunta “non debera ter problema en explicar o contido das súas viaxes” tal e como facía o socialista Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta. Amosou a súa sorpresa polo veto do PP a esta iniciativa cando “debera sentirse orgulloso” de comparecer no Parlamento para explicar unhas viaxes “absolutamente necesarias dende o punto de vista institucional, económico, social e cultural de Galicia”.

Criticou que o goberno galego se limite a presentar un balance periódico da Estratexia Galega de Acción Exterior –Egaex- en conxunto por boca do director xeral de Relacións Extedriores nunha comparecencia en Comisión, situando ao presidente da Xunta “ao nivel de calquera director xeral que vaia a un Congreso”.

Advertiu que o presidente da Xunta non explicou as causas nin os resultados das súas viaxes institucionais, que no que vai de Lexislatura inclúen visitas a Arxentina, Uruguai, Cuba, Portugal, China, Francia, Reino Unido, Israel, México e, recentemente, a Miami e Nova Iorque.

Aterriza como Puedas

Díaz Villoslada ironizou co repentino adianto do regreso do presidente da Xunta da súa última viaxe aos Estados Unidos, protagonizando un “Aterriza como Puedas en Colón”. O responsable socialista citou á coñecida comedia dos anos 80 para caricaturizar a participación do presidente da Xunta na manifestación do pasado 10 de marzo en Madrid que “non foi para defender o sistema constitucional, senón para xuntarse coas forzas da dereita do país”.

Criticou a defensa da Carta Magna por parte do PP cando “abstivéronse na votación do Título VIII”, da Organización Territorial, e acusounos de “manifestarse coa estrema dereita” para emular á “marcha da CEDA sobre Madrid no 33” e reclamoulles que “non se sigan descentrando”.

Feijóo usa el avión de un millonario empresario gallego para su ...

https://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/04/espana/1349336998.html

4 oct. 2012 - Feijóo usa el avión de un millonario empresario El presidente de la ... Santiago Camba, y la directora de Comunicación, Mar Sánchez Sierra.

Un empresario cedió su avión a Feijóo para hacer ... - Atlántico Diario

www.atlantico.net/articulo/.../empresario...avion-feijoo.../20121004074021196744.html

4 oct. 2012 - Un empresario cedió su avión a Feijóo para hacer campaña. En febrero ... MarSánchez Sierra, llegan en el coche de la Embajada de España, ...

Un empresario cedió su avión a Feijóo para hacer campaña - La Región

www.laregion.es/articulo/.../empresario...avion-feijoo.../20121004074021219911.htm...

4 oct. 2012 - Un empresario cedió su avión a Feijóo para hacer campaña. En febrero ... MarSánchez Sierra, llegan en el coche de la Embajada de España, ...

Mar Sánchez Sierra podría estar mezclando su labor institucional de ...

xornalgalicia.com › Xunta de Galicia

hace 6 días - avion empresario america eleccionesPPdeG Feijoo MarsanchezSierra MarSánchez Sierra, miembro también de la ejecutiva del PP gallego.

 

Otros articulos relacionados.....