Información
Galicia

Instan ás mulleres galegas “a rebelarse nas rúas e nas urnas” contra o discurso fracasado de Feijóo

Información
15 Febrero 2019 1167 votos

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras, deputadas provinciais e candidatas ás eleccións locais para reafirmar a idea de que os concellos liderados polo BNG son “concellos aliados das mulleres” que levan a igualdade no seu ADN político e así o demostran nos gobernos municipais.

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o encontro para facer un chamamento a  plantar cara ante a virulenta reaparición dun discurso “neomachista” da man da dereita españolista. “Queren facer negacionismo da violencia de xénero, queren a volta das mulleres ao fogar e mesmo volven negar o dereito persoal e intransferible de decidir sobre se queremos ou non ser nais e de decidir como, cando, e con quen”, recalcou.

E ante esta onda involucionista en termos de igualdade, pide ás mulleres rebelarse aproveitando as datas do 8 de marzo e os comicios do 26 de maio.

“Son tempos de rebelarnos na rúa e nas urnas como mulleres e como feministas galegas. Na rúa cunha participación masiva na manifestación do 8M, e nas urnas para, a través do voto, dicir que non imos permitir nin un só paso atrás nos nosos dereitos”, argumentou Pontón, “para avanzar necesitamos ser moitas neste 8M e moitas nas urnas apoiando forzas políticas como o BNG que leva a  bandeira da igualdade e do feminismo”.

Neste sentido, a líder nacionalista avanzou que o Bloque apoiará a manifestación así como a folga laboral e de servizos prevista para o Día internacional da Muller e, de cara aos comicios locais, avanzou propostas do programa electoral a favor da igualdade. Entre elas, evitar que nin un só euro público se destine a empresas que discriminan ou precarizan ás mulleres.

Encontro feministaAsí, a través dunha cláusula de igualdade na contratación pública, o BNG propón asumir “unha contratación pública responsable que garanta valores como a dignidade do traballo, a igualdade de xénero e o respecto polos dereitos fundamentais. A Administración debe dar exemplo”, subliñou Pontón.

Para iso, estableceranse criterios para que a través da contratación publica se promova a igualdade con plans específicos nas empresas, medidas que favorezan a conciliación, representación equilibrada de mulleres nos cadros de persoal ou apostando por dar estabilidade ao emprego feminino.

Pontón salientou que o Bloque xa predica co exemplo e destacou o seu orgullo por liderar unha organización “que ten incorporado o feminismo nos seus principios políticos desde hai décadas” e que é un exemplo de participación das mulleres.

Sen ir máis lonxe, o feito de ser unha das escasas forzas en todo Estado que ten unha muller á cabeza, pero tamén un grupo parlamentario cun 66% de mulleres, unha executiva nacional con maioría feminina e que, de novo, volverá ser a forza galega con máis presenza de mulleres liderando candidaturas nos comicios municipais.

Precisamente unha delas, a actual alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, proclamou a “maneira diferente que o Bloque ten de gobernar desde os concellos, precisamente porque miramos o mundo cos ollos da igualdade e colocamos esta cuestión como unha política transversal imprescindible para mellorar a sociedade”.

O goberno de Moaña xa iniciou o camiño para aplica moitas das medidas a favor da igualdade a través dos seus procesos de contratación públicos, explicou Santos, que foi rotunda ao afirmar que “o feminismo axuda a avanzar”.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago