Información
Galicia

Un goberno para Aranga: o cambio necesario

Información
14 Febrero 2019 361 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

ARUME 9109A municipal é sen dúbida a mellor versión da política, porque permite unha xestión directa e participativa dos asuntos públicos. Desde o Concello temos a opción real de transformar e mellorar a vida de veciños e veciñas, ás mais das veces con moi poucos recursos. O BNG quere gobernar Aranga porque aspira a poñer en valor os seus recursos e colocar as institucións ao servizo da cidadanía, construíndo entre todas e todos un goberno da xente para a xente. Parece sinxelo, non?

Pois é sinxelo. O caso dos recursos enerxéticos é exemplar a este respecto. En Muras, os beneficios da produción eléctrica puxéronse ao servizo da poboación, para garantir un dereito fundamental como é a luz nos fogares. Estou convencido de que é unha boa idea e que pode funcionar perfectamente en Aranga: sen chegar aos números de Muras, en Aranga a produción de enerxía renovábel é de 178.135.000 Kwh ao ano, repartidos en tres saltos de auga, un punto de xeración de enerxía con biomasa e tres parques eólicos, que teñen previsto aumentar a potencia instalada. Este incremento, que vai supor maiores beneficios ás empresas que os explotan, xustifica perfectamente unha suba do aluguer dos terreos que ocupan e por tanto maiores ingresos para o Concello. É fundamental, pois, xestionar ben esa produción enerxética para garantir un mínimo nivel de vida e de benestar á nosa veciñanza, especialmente á terceira idade, que constitúe ademais o sector maioritario da nosa poboación.

 

Aranga ten un enorme potencial na xeración de enerxía, sexa eólica, hidroeléctrica ou de biomasa, pero estes recursos non redundan no beneficio da xente. O goberno local non pode quedarse de brazos cruzados e non facer nada. A tarifa eléctrica galega que tanto demandamos no BNG pide exactamente iso: actuar contra a estafa e o espolio enerxético.

Nun concello como Aranga, que conta con ingresos vencellados á explotación eléctrica é perfectamente posible reunir 100.000€ con fondos propios. Con esa cantidade estamos en condicións de financiar unha axuda directa para a cuarta parte dos fogares de Aranga de 30€ por mes, ponderando a axuda por tramos económicos. A subvención abaratará de maneira moi significativa a factura da luz das familias con menores ingresos. Para pór en contexto o impacto desta medida, basta saber que o PP destina hoxe preto desa cantidade, 100.000 euros, aos salarios do equipo de goberno, e todo isto nun concello de menos de 1.900 habitantes. As prioridades do BNG en Aranga están claras: garantir dereitos básicos e non tanto en pagar dedicacións exclusivas; a prioridade está na veciñanza. Coa bonificación na factura da luz, contribuiremos desde o goberno local ao reparto da riqueza que xeran os nosos recursos naturais e compensaremos así o impacto medioambiental que afecta de xeito directo a veciños e veciñas, con torres de alta tensión e outras instalacións a ocupar o noso territorio.

A proposta do BNG para abaratar a factura da luz é, en definitiva, unha proposta humilde, pero é tamén unha mostra do que significa para nós un goberno do cambio, que implica sobre todo unha mudanza nas políticas que o concello leva a cabo e xaora, outra maneira de se relacionar coa veciñanza. No goberno, poñeremos os recursos públicos ao servizo da xente e co horizonte claro da xustiza social e redistributiva que o BNG asocia a máis e mellores servizos e a un desenvolvemento sustentado nos nosos propios recursos.

Para quen coma min cre que a política municipal é o mellor xeito de "facer país", para quen asocia nacionalismo con benestar e xustiza social, é prioritario pensar as políticas en termos de participación e inclusión, tendo en conta os intereses dunha veciñanza que é plural. Non entendo, en fin, a política sen a veciñanza. No goberno, incorporaremos as necesidades das parroquias nas políticas culturais, á hora de poñer o noso patrimonio histórico, no labor de promoción e asesoramento aos sectores produtivos, en definitiva, escoitaremos máis para investir os recursos de todos e todas cunha finalidade redistributiva. Para iso estamos en política, para non repetir os mesmos erros e cambiar a vida de quen sempre perdeu todas as batallas.

Carlos Díaz, candidato do BNG á alcaldía da Aranga

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)