Persoal das ambulancias mobilízase na vivenda do conselleiro de Sanidade (PPdeG).

Información
18 Enero 2019 2259 votos - Registrate para votar

Traballadores/as e delegados/as da FGAMT-CIG do transporte sanitario mobilizáronse hoxe diante da vivenda do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en Baiona, para reclamarlle a súa intervención no conflito laboral aberto tras a ruptura das negociacións do convenio colectivo. 

“Unha situación que a Xunta (PPdeG) permite, como permite tamén que se incumpran as plicas da contrata que obrigaban as empresas a renovar a flota de vehículos pero que, en lugar de facelo, estanse a intercambiar os coches unhas e outras”.

Dende a central adiantaron esta mesma semana que barallan a convocatoria dunha folga no sector das ambulancias no caso de que a patronal non abandone a súa proposta de aplicar rebaixas salariais do 6-7% e sociais de arredor do 3%.

Máis de medio cento de empregados/as e representantes sindicais do sector do transporte sanitario chegados/as de distintas localidades do país participaron esta mañá na concentración convocada pola CIG ás portas do edificio onde reside o máximo responsábel da sanidade galega para sinalar a responsabilidade da Xunta na situación na que se atopa o persoal das ambulancias: tres anos sen convenio colectivo e con condicións laborais de absoluta precariedade (horas extras sen cobrar ou mal pagadas, sen os descansos nin as vacacións regulamentarias, con material e uniformes deficientes e con sobrecarga de traballo por falta de persoal).

Ao berro de “conselleiro dimisión” permaneceron por espazo dunha hora diante da vivenda de Almuíña, onde despregaron unha faixa e corearon outras consignas como “Conselleiro, escoita, ambulancias está en loita” ou “Xunta e patronal, culpábeis por igual”. Ao remate da protesta saíron en manifestación até o centro de saúde da localidade, tras o que disolveron unha mobilización que se desenvolveu sen incidentes. Con todo, axentes da Garda Civil identificaron o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xavier Aboi, e o responsábel do sector do transporte da CIG de Vigo, Carlos Martínez.

Dende a central responsabilizan directamente a Xunta do bloqueo do convenio, “primeiro por sacar contratos por debaixo de custo e logo por aceptar as propostas con baixa temeraria que presentaron as empresas para competir entre elas”. Ademais, a administración tamén é responsábel de que moitas ambulancias circulen nas pésimas condicións nas que o fan: nalgunhas chove dentro, outras cos escalóns para facilitar o acceso das persoas con mobilidade reducida rotos (“o que obriga a colocar unha caixa de cervexa para que suban”). E o seu persoal con uniformes que non se desinfectan e poderían provocar un problema de saúde pública ou nalgúns casos nin sequera con uniformes para traballar.

“Unha situación que a Xunta permite, como permite tamén que se incumpran as plicas da contrata que obrigaban as empresas a renovar a flota de vehículos pero que, en lugar de facelo, estanse a intercambiar os coches unhas e outras”.

Reivindicacións do persoal

A isto hai que sumar agora a pretensión da patronal do sector de reducir os salarios un 6-7% e eliminar os complementos por IT; reducir días de asuntos propios; crear tres escalas salariais á baixa; e mesmo recortar en lavado de roupa e uniformes.

As reivindicacións dos traballadores/as resúmense en tres aspectos: incremento salarial mediante o recoñecemento do dereito a percibir a terceira paga extra; reducir o número de horas, que se ampliaron nestes últimos anos ao medrar nun 20% o número de servizos realizados sen incrementar o persoal; e melloras en materia de saúde laboral, xa que mentres a media de baixas en Galiza é dun 5% neste sector malia a media de idade estar nos 40 anos, a media de baixas -na inmensa maioría por problemas músculo esqueléticos- é do 13%.

Polo tanto, no caso de que a patronal non atenda as reclamacións dos empregados/as e insista na súa intención de rebaixar o convenio un 10%, a FGAMT-CIG baralla convocar unha folga no sector, tal e como anunciou esta mesma semana.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago