Información
Galicia

OS SOCIALISTAS NON MOSTRAN COMO FEIJOO CONTRATOS FALSOS SENON QUE ENCARGAN AS FRAGATAS PARA FERROL

Información
15 Enero 2019 376 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

GONZALO CABALLERO DESTACA QUE "A PRIORIDADE SOCIAL" DOS PXE É "BENEFICIOSA" PARA GALICIA E VALORA O COMPROMISO CO AVE E AS FRAGATAS PARA FERROL

O secretario xeral sinala que é importante que os orzamentos saian adiante e que se traballe para acadar melloras para Galicia

 

Miño, 15 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe, na súa visita a Miño, que os Presupostos Xerais do Estado "son beneficiosos para os galegos e as galegas", toda vez que "a prioridade social" coa que están deseñados afectará fundamentalmente nunha comunidade como a nosa, con salarios e pensións entre as máis baixas do Estado.

"Estes orzamentos permiten subir as pensións e os salarios dos empregados públicos, que os autónomos teñan máis dereitos, subir o salario mínimo para unhas rendas dignas, que os parados de longa duración volvan ter protección, máis becas…", puxo en valor o líder dos socialistas galegos.

Deste xeito, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que as contas públicas deseñadas polo goberno de Pedro Sánchez están "pensadas para a cidadanía", cunha "prioridade social" que se sitúa "por riba" de calquera outra.

En paralelo, como sinalou o secretario xeral, os PXE teñen "un compromiso claro coa chegada do AVE a Galicia nos tempos establecidos" e recollen unha inversión "sen precedentes na historia de Galicia" para construír sete fragatas no asteleiro público de Ferrol, co que se crearán máis de 7.000 empregos. "Vai ser un revulsivo para a industria e para o naval", incidiu.

E, se ben apuntou que "todo é sempre mellorable", en alusión á inversión territorializada, Gonzalo Caballero apuntou que "hai marxe para traballar" nos orzamentos ao longo da súa tramitación parlamentaria. "Porque queremos os mellores presupostos para Galicia", concluíu.

TRABALLO DOS SOCIALISTAS DE MIÑO

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor o traballo do candidato á alcaldía de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, co que os socialistas fomos primeira forza nas pasadas eleccións municipais e non acadamos a alcaldía "por un puñado de votos".

Nesta ocasión, sinalou Gonzalo Caballero, "o traballo intenso" desenvolvido nestes anos "en contacto coa veciñanza" sitúanos "en mellores condicións para dar a Miño unha alcaldía de progreso".

Ademais, puxo o foco na Xunta ao reclamar a apertura do centro de día, "unha asignatura pendente que Feijóo, durante dez anos, non foi quen" de resolver.

Ao respecto, Manuel Vázquez Faraldo criticou que o PP estea utilizando unhas instalacións "moi necesarias" para a veciñanza de Miño "como cebo electoral". "O centro está feito dende 2008", recordou.

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)