O Proxecto Unha Gran Burla Negra chega Á Coruña en Xaneiro

Información
Galicia | 09 Enero 2019 | 3078 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
A iniciativa, que botou a andar o pasado novembro en Compostela, traslada á cidade diferentes propostas para este mes.
 
Unha Gran Burla Negra é un proxecto que quere poñer en valor o movemento cultural resultado da catástrofe do Prestige no ano 2002. O obxectivo principal é crear un arquivo vivo e público da produción cultural tan rica e diversa que, tanto a Plataforma contra a Burla Negra coma outros coletivos e o propio movemento cidadán foron creando durante as protestas masivas que sucederon ao afundimento do petroleiro. Paralelamente, Caneca filmes está a realizar un documental, do que xa se viu un avance en forma de curtametraxe na Pobra e en Compostela, e este venres 11 poderá verse na Coruña.
Ademais da curta, haberá unha charla da man de Amador Fernández-Savater, investigador independente, editor de Acuarela Libros e colaborador en Eldiario.es. Leva por
título "Unha mutación antropolóxica: imaxes e prácticas da revolución cultural" e terá lugar no Paraninfo da Reitoría da Unversidade da Coruña.
A xornada comezará ás 19:30 e é de entrada libre ata completar aforo.
Mais adiante este mes, instalarase unha exposición no Palexco e celebrarase unha mesa redonda con persoeiros que viviron de primeira man o movemento de Nunca Máis. Para máis información, pódese visitar a web unhagranburlanegra.gal ou seguir a iniciativa nas súas contas de Facebook, Twitter e Instagram
Imagen de la noticia para evaristo lareo ayudas prestige de Xornal Galicia