Información
Galicia

Carmela Silva esta paralizando a entrega da Escola Infantil de Vilaxoán tecnicamente finalizadas xa as súas obras

Información
03 Enero 2019 1042 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A instancias da dirección de obra, a empresa deberá rematar diversos aspectos cos que non está conforme, de acordo co contrato. Isto significa que, a efectos de xustificación da obra diante da Deputación de Pontevedra, que financiou a obra dentro dun dos seus plans de investimentos, o Concello cumpriu co estipulado e, en consecuencia, tal axuda non corre perigo. Outra cousa é, como xa se dixo, que o Concello pode exercer o seu dereito, como é o caso, de esixir á empresa que remate aqueles aspectos que considere antes de recibir a obra oficialmente.



Esta situación é a que a pode dar entender certa contradición entre que as obras estean tecnicamente rematadas pero a empresa continúe a traballar; este tipo de incidencias son frecuentes nos casos de obras públicas de certa magnitude, é dicir, que se entreguen obrs coa excepcionaidade de retames finais. En calquera caso, o transcendente é que, con este investimento, o Concello dá un paso fundamental para dotar a cada dunha das tres vilas (primeiro Vilagarcía, logo O Carril e agora Vilaxoán) dunha escola infantil, que tanto demandaba a sociedade.

O remate deses desaxustes advertidos pola dirección de obra levarán uns días e iso nada impide que se manteña a intención, xa anunciada, de que durante o 2019 a escola de Vilaxoán comece a funcionar, despois do seu proceso de amoblamento, obxecto doutro contrato e para o que o Concello conta co compromiso do Consorcio da Xunta de Galicia, que adxudicará ese contrato e finalmente se fará cargo da xestión educativa do centro.

A Escola Infantil de Vilaxoán levántase sobre a parcela municipal de 2.975 metros cadrados situada entre o lavadoiro e o campo municipal de fútbol. Este emprazamento garante a perfecta comunicación e accesibilidade ás instalacións a partir de dúas rúas diferentes, así como o espazo suficiente para dispor dun aparcamento público para dar servizo ao centro e zonas verdes na parte frontal.

O proxecto redactado polo Arquitecto Iago Fernández Puentes destaca pola máxima funcionalidade do edificio, perfectamente adaptado ás necesidades que ten un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade. As instalacións terán unha capacidade máxima de 82 prazas divididas en 6 aulas, aínda que en principio habilitaranse cinco (dúas de bebés, dúas para cativos de 0 a 1 ano; e unha para os de 2 a 3 anos).

Como xa se pode comprobar, o edificio manterá a tipoloxía típica do casco mariñeiro, ao que dá continuidade, edificándose segundo un deseño modular no que se respectan os volumes e estética das casas da tradicionais da ARI de Vilaxoán.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+