Os Procuradores propuxeron elaborar un protocolo de casos de desafiuzamento "con moita antelación".

Información
Galicia 02 Enero 2019 1829 votos Regístrese para votar

Abel Caballero e os novos responsables do Colexio abordaron a posibilidade de asinar un acordo entre as partes para que o Concello teña coñecemento deste tipo de casos "de dimensión social", protexendo a intimidade dos afectados. Os profesionais da xustiza advertirían á administración local de eventuais desafiuzamentos "con moito tempo de antelación" o que permitiría ao Concello gañar tempo para tomar as medidas necesarias. O alcalde saudou a proposta, pois en moitas ocasións o consistorio coñece este casos con "días" de antelación e así sería posible "anticiparnos".


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600