Información
Galicia

O que non quere ver o Presidente galego Sr Alberto Núñez Feijoo

Información
28 Diciembre 2018 402 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Portapego Fe 2Na documentación achegada pola empresa en resposta ás graves deficiencias postas de manifesto polos colectivos sociais e os informes da Xunta, seguimos atopando datos sorprendentes. Desta volta trátase dunha rocambolesca proposta que, da man do prof. Felipe Macías pretende, facendo da necesidade virtude, crear o "primeiro parque de estudo de organismos estremófilos". Semella unha brincadeira mais non o é.

 

Acontece que Dirección Xeral de Patrimonio Natural deu un bo "repaso" ao proxecto de reapertura da mina, poñendo de manifesto as graves eivas e irregularidades que contiña. Entre outras deficiencias, Medio Ambiente subliñaba que non se describían as repercusións da vella mina no medio, amplamente detalladas en coñecidos estudos como o de Rosa Calvo, A. Pérez Otero e E. Álvarez Rodríguez: "Efectos das minas de Arinteiro (A Coruña) sobre a calidade das augas super e subsuperficiais". Estes graves impactos foron reiteradamente corroborados polas analíticas de ADEGA primeiro, e logo polos propios datos de Augas de Galiza que certificou a acidificación e a contaminación por metais pesados de todos os ríos arredor da mina nunha superficie de arredor de 65 km cadrados.

En resposta, a mineira de Touro viuse obrigada a recoñecer os "pasivos ambientais" deixados pola explotación durante anos e que, segundo os seus propios informes debéronse “a la ausencia de medidas protectoras, correctoras y mejores técnicas disponibles para la prevención de impactos ambientales durante la vida del proyecto, así como la no ejecución de actuaciones de restauración y clausura sobre las superficies alteradas con carácter previo al cese de la actividad". Deste xeito e con este parágrafo, a empresa non só sinala a súa responsabilidade polo que atinxe á contaminación provocada pola mina, senón que tamén pode estar recoñecendo un presunto delicto ecolóxico.

Parque de bacterias extremófilas: non hai mal que por ben non veña...
 
Malia a todo o anterior, e ao recoñecemento aparente da culpa, Cobre San Rafael retruca con propostas delirantes que abeiran o máis absoluto cinismo. Se as augas están tan contaminadas pola mina que só poden sobrevivir bacterias primitivas onde antes nadaban insectos, peixes, anfibios... pois facemos un parque temático de bacterias estremófilas para estudar a vida extraterrestre!
Con esta "medida experimental" a empresa pretende escotrer o vulto e desviar a súa responsabilidade da nefasta xestión da explotación e que provocou a prática esterilización dalgúns ríos veciños á mina:

“En estas aguas del Portapego no se han realizado labores de recuperación por la presencia de organismos extremófilos con mayor diversdad desconocida para la ciencia que en el río Tinto. La corrección de este sistema podría suponer la eliminación de una biodiversidad de elevado interés científico para aspectos como el origen de la vida, las posibilidades de vida extraterrestre…”

Semella que case debemos agradecer a Cobre San Rafael o ácido e os metais pesados vertidos durante anos dende a explotación mineira, porque deste xeito hoxe podemos investigar bacterias primitivas e contribuir ao estudo da vida extraterrestre. A empresa compara a situación coa do Río Tinto, en Huelva, un sistema de augas hiperácidas que drena de xeito natural, unhas fomacións xeolócicas moi particulares. En Touro, Cobre San Rafael parece esquecer que alta acidez e a elevada metalicidade das augas débense ao "pasivo ambiental" deixado pola súa explotación.

NOTA IMPORTANTE: A pesares da data (28 de decembro) esta nova, infelizmente, non é unha brincadeira.

Descargas

Novas relacionadas

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)