Información
Galicia

Cesar Mosquera usa os recursos públicos que pagamos todos os galegos/as para facer publicidad política personal

Información
28 Diciembre 2018 947 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, asegurou hoxe que o actual goberno da institución provincial revalidaría os seus resultados de ser unha administración elixida pola cidadanía grazas ao bo traballo feito durante o mandato. O nacionalista destacou que a coalición entre BNG e PSOE foi mellor do previsible inicialmente e subliñou que só tivo una lagoa importante: a imposibilidade de chegar a acordos de coa Xunta de Galicia para o bo funcionamento de servizos en beneficio da cidadanía.

César Mosquera realizou esta valoración nun almorzo informativo no que fixo balance dos tres anos e medio dentro do Goberno e no que subliñou que a equidade e o cumprimento do programa de goberno foron os eixos reitores de todas as decisións tomadas. Indicou que nestes momentos, a falta de cinco meses para as eleccións municipais, o que queda por facer dende a administración provincial está xa planificado e xestionado administrativamente en todos os departamentos: "queda moito do visible por ver, pero está todo en marcha", subliñou.

Como áreas destacables, Mosquera salientou o plan de compostaxe ‘Revitaliza' que xestiona el mesmo dende a Vicepresidencia, e que a día de hoxe conta con 42 concellos adheridos, unha cifra moito máis elevada da que se agardaba inicialmente e que duplica en número de municipios o plan liderado por Rafael Louzán. En Mobilidade, subliñou, tamén houbo avances importantes en canto ao número de obras planificadas e realizadas, ademais de marcar uns criterios básicos de actuacións sustentables e amables que veñen de facer da Deputación de Pontevedra "unha referencia en tempo récord". Lembrou, de feito, que a política de mobilidade desenvolvida foi exposta en Suecia, en Lima, en varios congresos da Dirección Xeral de Tráfico e recoñecida en numerosos puntos do Estado español.

O vicepresidente fixo autocrítica e destacou que o actual goberno da Deputación deixa o mandato cunha "lagoa": as transferencias á Xunta de Galicia, coa que foi imposible chegar a ningún acordo. Salientou que non houbo intención de "montar ningunha guerra institucional", mais salientou que a postura do presidente Feijóo é un erro porque impide o bo funcionamento das administracións e os servizos en beneficios da cidadanía. Neste sentido, lembrou a Ponte de Catoira, que unindo dúas provincias e vías de comunicación autonómicas aínda é provincial a pesares de moitas solicitudes de transferencia. "En xeral a actitude da Xunta cara a outras administracións, sobre todo cando non as gobernan eles, é bastante succionadora. Quere centralizalo todo e exportar o que lle convén", afirmou.

En canto á Deputación como institución, o vicepresidente nacionalista destacou que os tres anos e medio que leva no goberno "reforzaron" a súa visión de que a institución debe reformularse como tal, xa que considera que é un fraude de lei que a cidadanía non poida elixir directamente aos dirixentes provinciais, tal e como se fai nas deputacións forais, nos cabildos e consellos insulares. "Eu estou convencido de que se houbese eleccións directas á Deputación de Pontevedra os nosos resultados ían ser moi bos. Non lle tería medo porque non teriamos problema en revalidar o goberno", destacou. De feito, Mosquera destacou o escaso nivel político da oposición do PP porque "non len nin os papeis".

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-cesar-mosquera-se-houbese-eleccions-a-deputacion-non-lles-teria-medo-non-teriamos-problema-en-revalidar-o-goberno

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....