Información
Galicia

Propóñen ao Clúster de Turismo impulsar unha reunión coas catro Deputacións e a Xunta de Galicia

Información
24 Diciembre 2018 1806 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Inauguración do Cluster de Turismo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, inauguraron a xornada "El reto de la internacionalización para el sector turístico" impulsado por ambos organismos para afondar na proxección internacional das empresas e dos produtos e recursos turísticos de Galicia. Durante o acto, Silva enxalzou a importancia da colaboración público-privada e instou ao Clúster a organizar unha reunión coas catro deputacións galegas e a Administración autonómica en xaneiro para sumar sinerxías e impulsar estratexias de promoción turística conxuntas.

 

"Non tomarse en serio o sector turístico é unha irresponsabilidade, e non traballar da man do sector privado é outra – asegurou Silva-. Neste século XXI tan competitivo, con tantos cambios, no que as TIC e a dixitalización son xa o presente, temos que escoitar e xerar sinerxías co sector turístico privado". Por estes motivos, a presidenta provincial animou ao Clúster de Turismo a impulsar unha reunión coas catro deputacións galegas e coa Xunta para idear unha promoción conxunta e conseguir que Galicia e a provincia de Pontevedra xeren maior crecemento económico, permitan garantir un turismo sustentable, desestacionalizado e internacionalizado. Máis polo miúdo, Silva amosou o seu desexo de que a reunión "sexa a principios de xaneiro, para sentar as bases da promoción do 2019, avanzar, ir a aqueles destinos internacionais que teñan máis potencia para atraer persoas visitantes e converternos así nun destino do século XXI".

En canto á colaboración público-privada, Silva enxalzou o workshop de Barcelona, no que o Clúster de Turismo de Galicia tomou parte activa, e adiantou que no vindeiro ano vanse repetir actuacións similares noutros lugares da xeografía nacional e internacional. "O que aconteceu en Barcelona foi un éxito rotundo e se eu estaba xa convencida de que traballar co sector privado era imprescindible, en Barcelona vin en primeira persoa que si traballamos conxuntamente o éxito está garantido", asegurou a presidenta provincial. Ademais, Carmela Silva adiantou que "imos traballar xunto co Clúster de Turismo en todo o que ten que ver coa promoción turística da provincia. Iremos da man, e traballaremos de xeito conxunto para idear estratexias a nivel nacional e internacional".

A presidenta provincial tamén tivo palabras para afondar nos atractivos turísticos da provincia de Pontevedra e a importancia do sector  turístico "para garantir o futuro, para crear e impulsar o crecemento económico e xerar emprego, xa que falamos dun sector que supón o 11 % do PIB galego". Neste eido, Silva augurou o "extraordinario futuro" do sector turístico galego grazas a todas as persoas que están a traballar "arreo para acadalo".

Pola súa banda, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, subliñou que a xornada responde a un dos compromisos do organismo: o de atopar e crear puntos de encontro, de intercambio de ideas e formación para poñer en común retos que afectan ao sector turístico galego. Neste eido, González destacou que a internacionalización é un obxectivo compartido tamén coa Deputación de Pontevedra, que o inclúe entre os seus obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo.

A xornada "El reto de la internacionalización para el sector turístico" reuniu no Pazo provincial da Deputación a persoas profesionais do sector turístico de Galicia. Durante o encontro afondouse no desafío da comercialización turística internacional e na captación das e dos turistas estranxeiros, deténdose nas estratexias e accións de internacionalización adecuadas para o sector turístico galego e abordando os casos concretos dos mercados portugueses e alemáns

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago