A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de ter pavimentado tramos protexidos correspondentes ao Camiños Francés e a Vía Primitiva. A responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para investigar as denuncias das asociacións de amigos do Camiño e incrementar a protección deste patrimonio cultural.
Burgo presentou hoxe na Cámara as denuncias do Foro do Camiño Primitivo, integrado por 30 asociacións, investigadores e entidades defensoras deste patrimonio, que denunciaron a destrución da Vía Primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas, en A Fonsagrada. Tamén aludiu á denuncia da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que deu a alarma polas obras realizadas no Camiño Francés, en Sarria e Paradela.
Acusou ao goberno galego de converter tramos protexidos en pistas forestais “moito máis sinxelas de manter” pero a costa de destruír un trazado milenario. Criticou que a Xunta “dedícase tan só a contar peregrinos mentres nos cargamos o patrimonio de todos”. Advertiu que “a base de estropear o Patrimonio o que imos é acabar totalmente co Xacobeo” e lembrou que a Lei de Patrimonio apunta á Xunta como “máxima responsable do coidado e protección do patrimonio”.
Resumiu deste xeito as intervencións de “acondicionamento” destes tramos, que foron “confundidas” polo goberno galego coa alteración do trazado, pavimentación, instalación de drenaxes de formigón, alteración do ancho da calzada, cunetas, acequias ou a retirada de pedras de muros.
Patrimonio
Concepción Burgo instou ao goberno galego a atender ás denuncias realizadas por estas asociacións investigando as actuacións e obras que teñen sinalado. Ademais, reclamou que sexa a Dirección Xeral de Patrimonio quen supervise todos os proxectos e as obras de acondicionamento e mellora ques e realicen nos Camiños de Santiago previamente autorizados.
Denunciada ao ICOMOS a cimentación do Camiño Primitivo ao seu ...
adega.gal/novas.php?id=739&idioma=gl&sec=209
8 oct. 2018 - O Foro do Camiño Primitivo, conformado por 30 organizacións defensoras dos ... patrimonial da Vía primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas, ... unha nova desfeita na vía histórica ao seu paso por Fonsagrada.
O Foro do Camiño Primitivo denuncia o abandono e as obras ...
praza.gal/.../o-foro-do-camino-primitivo-denuncia-o-abandono-e...
17 nov. 2018 - O Foro do Camiño Primitivo denuncia o abandono e as obras agresivas da Xunta nesta vía xacobea ... e do valor patrimonial" do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas.
Denuncian el uso de cemento para reparar el Camiño Primitivo a su ...
https://www.elprogreso.es/...primitivo...fonsagrada/201810091903351337847.html
9 oct. 2018 - Una zona del Camiño Primitivo antes y después de las obras de reparación en las que se usó cemento. ... cabo obras para "acondicionar" los caminos del Norte e Primitivo que han afectado a ... patrimonial de la vía primitiva entre los lugares de Vilardongo y Pedrafitelas, en el municipio de A Fonsagrada".
Pavimentan con cemento tramos históricos do Camiño Primitivo de ...
https://www.gciencia.com/ciencia/camino-primitivo-cemento/
9 oct. 2018 - Antes e despois do Camiño Primitivo no tramo que pasa pola Fonsagrada. ... Camiño Primitivo de Santiago, ao seu paso polo Concello da Fonsagrada foron ... da Vía primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas”.
Denuncia ante Icomos polas agresións ao Camiño Primitivo
https://www.lavozdegalicia.es/...primitivo/000315390229120547...
9 oct. 2018 - O Foro do Camiño Primitivo, conformado por 30 organizacións defensoras dos Camiños de ... «acondicionamento» da vía primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas no municipio de Fonsagrada ?realizadas pola ...