Semana das folgas na Corporación Radio-Televisión de Galicia contra a manipulación do Goberno de Feijóo "PPdeG"

Información
Galicia | 18 Diciembre 2018 | 1848 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O PERSOAL DA CRTVG FARÁ FOLGA MAÑÁ E O SÁBADO EN DEMANDA DUN SERVIZO PÚBLICO DE CALIDADE

O comité Intercentros chama á participación nunha concentración mañá ás dez diante do Parlamento de Galicia e a unha manifestación que rematará coa lectura dun manifesto na Praza Roxa Compostelá.

O persoal da Corporación de Radio-Televisión de Galicia celebrará mañá folga de 24 horas, á que seguirá outro paro durante a mañá do sábado coincidindo coa retransmisión do sorteo da lotaría de Nadal.


As asembleas que se están a celebrar estes días en todos os centros de traballo
manifestaron a súa disposición en continuar coas medidas de protesta, iniciadas con paros de dúas horas
durante as últimas semanas, ata que a dirección reverta o desmantelamento do medio e adopte as decisións
axeitadas para garantir a prestación do servizo público esencial.

O comité Intercentros denuncia que a actual directiva da CRTVG está a executar un
desmantelamento do medio con sucesivas decisións que van en detrimento da encomenda de servizo para a
que foi concibido o medio. En opinión do persoal e da representación sindical, a dirección non mostrou
durante as negociacións dos últimos días unha vontade seria para ofrecer medidas que permitan a
desconvocatoria das mobilizacións, facendo propostas febles ou insuficientes, malia os esforzos do comité
para tentar acordar un modelo sostible que permita garantir a prestación do servizo público esencial. Para os
sindicatos, unha mostra evidente da falta de vontade negociadora xa foi a imposibilidade de chegar a un
acordo sobre os servizos mínimos durante os días de folga, que reproducen convocatorias de persoal
semellantes ás que anteriormente xa foron declaradas abusivas polos tribunais e que o comité acordou tamén
denunciar nesta ocasión.

Entre as medidas que reclaman os traballadores e traballadoras para garantir unhas emisións de
calidade está a recuperación da produción propia interna, con programas de servizo público e unha estrutura
de persoal axeitada, a erradicación da manipulación informativa co cumprimento da lei de medios e o cese da
exteriorización indiscriminada de producións e servizos. Igualmente solicítanse medidas laborais como o
remate da contratación fraudulenta, a substitución do persoal ausente ou o cambio da actual política represiva
e sancionadora, xunto con accións a prol dunha conciliación efectiva da vida familiar.

-Concentración mañá no Parlamento e manifestación

Outra das accións de protesta é unha concentración que se celebrará mañá diante do Parlamento de
Galicia ás 10 da mañá, que coincide co debate dos orzamentos na Cámara galega e rematará ás 12:00 co
inicio dunha manifestación en Compostela percorrendo a rúa do Hórreo ata a Praza de Galicia, República do
Salvador e Doutor Teixeiro, para rematar na Praza Roxa.

As traballadoras e traballadores da Corporación da CRTVG fan un chamado á á cidadanía e ás forzas
sociais para que se sumen a ese acto que baixo o lema “Non ao desmantelamento, non á manipulación, non á
represión” ten como obxectivo amosar o seu compromiso coa defensa do servizo público da Radio e
Televisión de Galicia e concienciar sobre a importancia duns medios públicos de calidade na promoción da
nosa lingua e a nosa cultura nun marco de pluralidade democrática.

-Folga na retransmisión da lotaría de Nadal

O persoal da CRTVG tamén vai participar noutra xornada de folga durante a mañá do vindeiro
sábado 22, coincidindo coa retransmisión do sorteo da lotaría de Nadal. Malia que a CRTVG non pode
establecer un operativo especial como consecuencia da folga, a representación sindical teme que a dirección
tente suplir esa carencia solicitándolle á audiencia documentos gráficos a través das redes sociais para que a
retransmisión se vexa menos alterada polo paro. En consecuencia, o comité Intercentros, fai un chamado á
cidadanía para que apoie a folga non achegándolle vídeos ou fotografías á CRTVG sobre incidencias do
sorteo da lotaría e contribúa, dese xeito, a reclamar canda aos traballadores e traballadoras do medio un
servizo público esencial de calidade para toda a sociedade galega.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600