A deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, asinaron o convenio de colaboración polo que a Deputación da Coruña colabora no financiamento do mantemento da casa de acollida e dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma de mulleres en situación de violencia machista.
Detallan 17 irregularidades en la compra de pisos al afín a la Marea
A Deputación colabora, desta maneira, nos recursos residenciais e temporais da rede municipal de acollida de mulleres da Coruña cunha achega de 111.950,25 € que compromete ao concello a reservar 9 prazas, 7 na casa de acollida e 2 nos pisos.
As casas da Coruña forman parte do programa de apoio á Rede de Acollemento para Mulleres en Situación de violencia de Xénero (PRAM) da Deputación da Coruña que vén de ser recoñecido pola Secretaría de Estado de Igualdad e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) polas súas prácticas contra a violencia de xénero.
"Desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña temos un compromiso activo nas políticas contra a violencia contra as mulleres, no acompañamento ás vítimas e, de maneira especial, no traballo coa xente nova porque, para nós, é a mellor maneira de construír unha sociedade igualitaria e sen machismo", sinala a Deputada da área de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco.
O Programa de Apoio á Rede de Acollemento para Mulleres en situación de Violencia de Xénero colabora con dúas casas de acollida, unha na Coruña e outra en Ferrol, dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma na Coruña e unha vivenda tutelada en Culleredo.
Na casa da Coruña acolléronse o pasado ano 55 persoas, das que 29 foron mulleres e 26 menores e nos pisos 5 mulleres e 9 menores. A maior parte estaban no desemprego e máis da metade non tiñan ingresos mentres unha terza parta percibían algún tipo de prestación ou ingreso irregular. Máis da metade tiñan fillos e fillas
A área de Igualdade da Deputación da Coruña garante que nos recursos haxa reserva de prazas para as mulleres e as persoas ao seu cargo doutros concellos distintos.
"Estamos a falar de mulleres en situación de vulnerabilidade extrema, que teñen que sentirse acompañadas desde o primeiro momento, desde cando deciden abandonar as súas casas ou cando fan a súa denuncia e non poden volver ao lugar que compartiron co maltratador. Sabemos que son situacións de risco extremo e as institucións teñen que habilitar recursos para que non se produza o abandono nese momento que é unha das situacións nas que se está a producir o feminicidio", explica Ánxela Franco.
O PRAM ademais de garantir a estabilidade no financiamento e apoio técnico a estes centros, establece procedementos e protocolos que melloran a coordinación entre as diferentes administracións implicadas (Xunta de Galicia, concellos e a propia Deputación) co obxectivo de evitar a duplicidade de recursos, simplificar e axilizar os procedementos de ingreso nestes centros.
O programa inclúe ademais a creación dunha comisión de seguimento de casos, que ten como obxectivo principal garantir e apoiar o proxecto de recuperación de cada unha das usuarias do programa, de xeito individualizado.
)
Resultados de la búsqueda
Beatriz Mato: «La Coruña decidirá en mayo entre más de lo mismo o ...
Llevan a la Fiscalía la compra de dos pisos a un afín de la Marea ...
Fuente local-La Voz de Galicia-24 oct. 2018
El Consultivo anula la compra de dos pisos a un afín de la Marea ...
Fuente local-La Voz de Galicia-12 sept. 2018
Completo-Europa Press-12 sept. 2018