Información
Galicia

O recibo da luz sobe de novo na primeira semana de decembro en Galicia ante un Feijóo que da as costas en viaxes por España para festa do Partido Popular

Información
07 Diciembre 2018 914 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 Tras dous meses de baixadas, a factura do usuario medio volve alcanzar os 80 euros. FACUA critica que o Goberno siga sen emprender medidas de alcance para abaratar o recibo.

 

 Tras dous meses de baixadas, a luz volveu a subir na primeira semana de decembro. Segundo a análise de FACUA-Consumidores en Acción, o recibo do usuario medio alcanza de novo os 80 euros coas tarifas semirreguladas (PVPC) do 1 a 7 deste mes, nos que o prezo do kWh situouse nunha media de 16,61 céntimos (13,06 máis o 27,19% de impostos indirectos).

Os galegos son os que máis descontentos están en España co servizo que lles prestan as eléctricas que explotan os recursos naturais, ríos, embalses, etc.  Mentres Feijóo da as COSTAS A GALICIA E AOS GALEGOS E GALEGAS en viaxes por España para festas políticas do Partido Popular...

 

 FACUA critica que o Goberno siga sen emprender medidas de alcance para abaratar o recibo e que freen a especulación do oligopolio energético. As escasas actuacións que deu a coñecer o Executivo de Pedro Sánchez non producirán unha baixada significativa nun infladísimo recibo ao que centos de miles de familias nin sequera poden facer fronte, denuncia a asociación.

 A factura máis cara do ano ata a data coas tarifas PVPC foi a de setembro, 83,55 euros, seguida da de agosto, 80,73 euros, e a de outubro, 80,66 euros. En novembro baixou aos 79,64, aínda que o recibo continuou sendo máis caro (un 0,4%) que no mesmo mes de 2017, cando se situou en 79,36 euros.

 Segundo os datos de FACUA, en xullo deste ano o mesmo recibo foi de 78,39 euros, en xuño situouse en 76,71 euros, en mayo en 75,34 euros, en abril en 69,94 euros, en marzo en 69,46 euros, en febreiro en 76,32 euros e en xaneiro en 74,81 euros.

 As análises de FACUA poñen de manifesto que a factura da luz máis cara a nivel histórico foi a do primeiro trimestre de 2012, cando se situou en 88,66 euros para o usuario medio (trala corrección da tarifa fixada polo Goberno por unha sentenza do Tribunal Supremo). Tras ela, os 87,81 euros de xaneiro de 2017 e os 83,55 euros de setembro de 2018. A cuarta factura máis elevada representou 81,18 euros, correspondente ás tarifas de xullo de 2015 e a quinta 80,73 euros, de agosto deste ano.

 As reivindicacións de FACUA

 FACUA trasladou o pasado setembro ao Goberno un documento coas súas reivindicacións para reducir a factura eléctrica das familias españolas. A baixada do IVA da electricidade é unha das demandas da asociación. Baixalo ao ao 4% aforraría ao usuario medio case 130 euros anuais. Así o pon de manifesto unha análise realizada pola asociación tomando como referencia as tarifas dos doce meses comprendidos entre setembro de 2017 e agosto de 2018 coa aplicación dos impostos indirectos vigentes na actualidade e a baixada de case 18 puntos porcentuales que representaría a aplicación do IVA superreducido.

 A principal medida proposta por FACUA é a creación dunha tarifa regulada para todas as familias que non superen os 10 kW de potencia contratada e determinados límites de consumo. A análise realizada polo equipo xurídico da asociación pon de manifesto que co debido desenvolvemento normativo, esta fórmula non implicaría contradicións coa lexislación comunitaria. Os desproporcionados prezos da luz, a ausencia de competencia no sector e a situación económica das familias españolas xustifican o establecemento dunha tarifa fixada polo Goberno para protexer aos consumidores.

 A asociación advirte de que o bono social do Goberno de Rajoy foi fracaso aínda maior que o que se aprobou durante a etapa socialista de Zapatero. Neste sentido, os leves cambios inroducidos polo Executivo de Pedro Sánchez seguen sen garantir descontos significativos e mantén uns niveis de renda excesivamente baixos para acceder a el -salvo ás familias numerosas, que poden beneficiarse todas-.

Listado Empresas Energéticas | Energía en Galicia | Inega: Instituto ...

www.inega.gal/enerxiagalicia/listaxeempresas.html?idioma=es
Páxina Oficial do INEGA:Instituto Enerxético de Galicia. ... Listado de comercializadores, distribuidores de energía eléctrica y consumidores directos en el ...

17 ago. 2018 - Los gallegos son los que más descontentos están en España con el servicio que les prestan las eléctricas y son también los terceros que más ...
Otros articulos relacionados.....