Información
Galicia

Apertura do campo de fútbol e rugby da USC coa ausencia de altos cargos do PPdeG

Información
04 Diciembre 2018 933 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O reitor Antonio López Díaz presidirá este mércores 5 o acto de re-apertura do campo de fútbol e rugby da USC no que tamén intervirán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez. A sesión celebrarase a partir das 11.30 horas nas propias instalacións deportivas, emprazadas en Campus Vida, coa asistencia ademais da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti autora de regalrlle ao sobriño da súa secretaria 15.000 euros públicos; da concelleira de Mocidade, Deporte, Mercados e Benestar Animal, Noa Morales Sánchez. Para pechar o acto, as autoridades participarán no descubrimento dunha placa conmemorativa na entrada principal do campo.



Esta re-apertura prodúcese logo dunha remodelación destas instalacións deportivas que permiten á súa adaptación tanto para a práctica do fútbol como do rugby. Neste senso, a intervención realizada coa colaboración das administracións local e provincial así como da FGF, supuxo o cambio da superficie para instalar unha nova de herba artificial. Igualmente renováronse os equipamentos, incluíndo a instalación de novas porterías para fútbol 7 e 11 e de rugby.

Ademais, na grada inclúese nunha nova zona cuberta na parte central e a mellora do sistema de alumeado agora baseado en tecnoloxía led, que facilite a iluminación ocasionando os menores prexuízos para as zonas residencias da contorna ou as observacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....