lineaazul 1600

Ana Pontón: “Sr. Feijóo, vostede en outubro non vai a aprobar a reválida”

Información
Galicia | 28 Mayo 2016 | 3877 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Ana Pontón na pregunta a Feijóo

Ana Pontón na pregunta a Feijóo

Na súa intervención, a portavoz parlamentaria  do BNG relatou que hai 15 días, un neno de 11 anos de Becerreá pasou dúas horas illado nunha aula do seu colexio. Durante dúas horas, explicou Pontón, a este neno non se lle permitiu facer ningún tipo de tarefa, nin sequera ler un libro. A causa deste castigo?: “Deixar en branco o exame da reválida”. Un caso, que a parlamentaria cualificou de presión psicolóxica e acoso contra un neno de once anos e do responsabilizou, en “última instancia” ao Presidente da Xunta. Non é unha anécdota, engadiu a nacionalista, “é todo un síntoma do autoritarismo e da falta de sentido pedagóxico do seu goberno”.

Hoxe, o BNG, engadiu quere agradecer as nais e aos pais, aos profesores e ás profesoras, que fan o que vostede é “incapaz” de facer: “Defender o dereito dos nenos e nenas a un ensino de calidade. Dar a cara por unha educación pública e galega” porque     está en xogo é o futuro das súas fillas e fillos. Ese espírito, recalcou a portavoz parlamentar, “é o que debe estar na Presidencia de Xunta, e non vostede. Pero non se preocupe, que outubro está a volta da esquina e vostede, non vai aprobar a reválida”.

Á hora de defender o ensino público, ou se está a favor ou e contra, non hai medias tintas.

Pontón afirmou que á hora de defender o ensino público galego “non hai medias tintas”, ou se está a favor ou en contra, e voulle dicir de que lado está vostede. As familias decidiron defender a educación pública e de calidade, vostede do lado da barbarie da LONCE. A comunidade educativa defende un ensino público, galego, e inclusivo, vostede de “ganchete de Rajoy e de Wert para impoñer unha educación privatizada, antigalego, élitista”. Unha educación para quen poda pagala.

Membros da Plataforma en Defensa do Ensino

Membros da Plataforma Galega  en Defensa do Ensino Público

A verdade, que paradoxos ten a vida!, dixo a deputada que lembrou a Feijóo defendendo con vehemencia o dereito das nais e dos pais a decidir na educación dos seus fillos e agora “criminaliza” a esas mesmas nais e pais que elixen dicir “non á LOMCE e a unhas reválidas inxustas e inútiles”.

A parlamentaria aconsellou ao titular do Executivo que escoite á comunidade educativa que se expresou con contundencia. Nas reválidas de 6º de primaria, explicou, o 80% do alumnado non fixo as probas e no día de onte, outra vez, Galiza encabezou a oposición ás reválidas no conxunto do Estado. “Hoxe ten unha ocasión de ouro para desculparse e rectificar”. Por unha vez deixe de lado os intereses partidistas e defenda o dereito á educación das nosas nenas e nenos. Por unha vez, recalcou, actúe como Presidente da Xunta e defenda as nosas competencias en materia de ensino. Por unha vez, faga o seu traballo e lembre que ten a obriga de defender as nosas competencias e fortalecer un ensino público, galego e de calidade.

As reválidas serven para que  unha empresa de Madrid faga caixa

Vostede sabe que a aplicación da LOMCE foi unha “improvisación e un desatino”. Sabe que as reválidas non aportan nada á educación do alumnado. Sabe ademais que supoñen unha ofensa ao profesorado e un malgasto de diñeiro público e só serviron para que “unha empresa de Madrid faga caixa”.En definitiva, sr Feijóo, “non sexa vostede un déspota ilustrado, escoite e rectifique”. Actúe por unha vez, aínda que sexa no minuto de prórroga, como Presidente deste país.

Evidente fracaso das reválidas

Tras a resposta do presidente que negou o fracaso das reválidas e acusou á oposición de “manipular ás familias” a portavoz do BNG replicou que “pode facer todas as piruetas e manipulacións que queira” pero sabe, como sei eu, como saben os representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino público que hoxe nos acompañan, que a inmensa maioría de profesorado, AMPAS, e Asociacións estudantís, “están en contra da LOMCE e das reválidas” e o que reclama a Comunidade educativa é “derrogar a LOMCE e paralizar as reválidas”.

Feijóo responde a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón

Feijóo responde a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón

A portavoz parlamentaria do BNG concluíu a súa intervención pedindo ao Núñez Feijóo que “deixe de insultar ás familias” e os galegos e galegas que non pensan como vostede e que son miles. Ao comezo de curso máis de 200 centros solicitaron máis medios e profesorado e a súa resposta “foi non” porque vostede, “prefire defender as barbaridades da LOMCE antes que un ensino público galego, igualitario e de calidade”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600