O Torneo de Fútbol base da SD Sofán reúne a trece equipos de toda Galicia: festa do deporte en Carballo

Información
Galicia | 28 Mayo 2016 | 5725 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Torneo de Fútbol base da SD Sofán

Presentación do torneo no espazo deportivo da Praza do Concello

Un total de 13 equipos compiten este ano no Torneo de Fútbol base da SD Sofán que volve despois do gran éxito da cita de 2015 ampliando aínda máis o alcance do evento e transformando a parroquia na capital do fútbol para os máis cativos de Galicia. O Sofán, as EF Luis Calvo, o Paiosaco, o Ordes, o Laracha, O Burgo, o Atlético Coruña, o Xuventude Oroso, o Calasanz, o Arteixo, o Tordoia, o Bertamiráns e un club tan importante nestes momentos en Galicia como o CD Lugo serán os participantes nunha cita que conta co apoio da Liga de Fútbol Profesional.

O ex xogador de fútbol Javier Manjarín será o encargado de poñerlle o albaroque a esta cita de convivencia deportiva

O sábado compiten os alevíns e benxamíns, de 9.00h ata as 20.30h, con xantar no campo. Para redondear a cita, haberá un grande do fútbol nacional como Javier Manjarín. O domingo será a quenda dos Prebenxamíns e Biberón, empezando ás 10.00h e rematando ás 14.30 coa entrega de premios.

Un exemplo de traballo

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo transmitirlle os seus parabéns ao club porque "en Carballo temos exemplos de varias entidades que son un éxito deportivo e a Sociedade Deportiva Sofán constitúe tamén un exemplo do traballo extraordinario que se está a facer no mundo do fútbol". O Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, resalta a importancia dun evento deste tipo, xa que "para o Concello, que o Sofán teña un trofeo de fútbol base desta categoría é moi importante", especialmente dende o punto de vista turístico ao vir tantos equipos a gozar do deporte en Carballo.
Por último, o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, resalta "o respecto, a solidariedade, o esforzo... valores que se poñen de manifesto neste tipo de torneos onde os rapaces disfrutan dunha festa do deporte".


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600