Información
Galicia

XESTIÓN PÚBLICA NEFASTA DE GORETTI (BNG): Destina cartos públicos da Deputación de A Coruña a financiar libros privados de editores-autores particulares

Información
25 Noviembre 2018 663 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O panfleto de comunicación dando publicidade gratuita ao autor da Deputación dice:

A Deputación compila en  “Caderno de momentos” o universo creativo de Xosé Cobas

A Deputación da Coruña acolleu esta mañá a presentación de "Caderno de momentos", un libro que compila a traxectoria artística de Xosé Cobas, unha das grandes figuras da ilustración gráfica do noso país.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

A sala Juanjo Gallo encheuse de público, entre os que figuraban moitas caras coñecidas do mundo da cultura galega e persoal da Deputación - onde Cobas traballou como deseñador gráfico da imprenta os últimos 27 anos- para asistir á presentación dun libro que o propio autor definiu coma "moi especial, pois garda moita emoción e sentimentos e nel está pousado o tempo de moitos anos".

 

Segundo Cobas "Caderno de momentos é un libro de lectura visual", que ten as súas raíces na época da infancia "na que se forxou o meu imaxinario". "Na taberna dos meus avós apendín a ler visualmente", afirmou o artista, que lembrou os botes, conservas, botellas e tarros que ocupaban os estantes e que conformaron as súas primeiras referencias gráficas, que o acompañarían ao longo da súa vida.

Xosé Cobas repasou numerosas anécdotas persoais e tivo un recoñecemento especial para Xabier P. Docampo "que me introduciu no mundo da ilustración na literatura infantil e xuvenil. O artista, que acaba de xubilarse este mesmo ano, agradeceu "o cariño e amizade" dos seus compañeiros na Deputación e sostivo que "o libro é un punto de inflexión, que marca un antes e un despois" na miña carreira. "

A "nota de cor" de miles de iniciativas culturais  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou "o talento, a personalidade, a humildade e a bonhomía" de Cobas, que durante décadas "puxo a súa nota de cor a miles de iniciativas culturais" da institución provincial.

"Cobas ocupa un lugar na historia desta institución", afirmou González Formoso, que sostivo que o libro é só un pequeno recoñecemento "a quen nos leva dado tanto" co seu talento e creatividade.

Os debuxos de Cobas ilustraron nos últimos trinta anos carteis, anuncios, folletos, libros e lonas da Deputación, asociando inevitablemente o seu persoal imaxinario gráfico á acción cultural da institución provincial.

"Botámolo de menos", afirmou a vicepresidenta Goretti Sanmartín, que contou que cando se puxo á fronte da área de institución "coñecía os seus libros ilustrados, pero non sabía que este artista estaba na Deputación".

Sanmartín destacou o "inmenso traballo" e a "calidade artística" de Cobas. "Se non existise teriamos que pintalo", afirmou.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

Finalmente, o poeta Xavier Seoane, que dialoga con Cobas nos textos do libro narrando a súa traxectoria vital e artística, definiuno coma un artista completo e versátil, que traballou en óleo, acuarela, plumiña ou lápis.

"A de Xosé Cobas é unha obra con aura", afirmou Seoane, que destacou a "complexidade simbólica" dun "mundo rico e variado que creou cunha cosmovisión poética e persoal".

Otros articulos relacionados.....