Información
Galicia

Abel Caballero saudou a declaración conxunta pois é "moi importante" para Vigo, sur de Galicia e norte de Portugal, unha área de "case catro millóns de persoas".

Información
10 Noviembre 2018 401 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde amosou este venres o seu "entusiasmo" ante a declaración conxunta das delegacións de ambos parlamentos, alentando a construción dunha liña de Alta Velocidade entre Vigo e Porto.


"É un paso importantísimo", valorou Abel Caballero, quen recordou que o AVE é "fundamental" para Vigo e que hai semanas "desbloqueamos" a liña directa de Alta Velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo iniciando o procedemento da Declaración de Impacto Ambiental "que levaba cinco anos metida nun caixón".

Sobre o ferrocarril rápido a Porto, o rexedor considera "moi importante empezar a andadura política" pois permitirá a un área de case que catro millóns de habitantes a súa conexión con Madrid e o resto de Europa, ocupando Vigo a posición de centralidade.

"Calquera tren entre Vigo e Porto que non sexa de Alta Velocidade non vai resolver a demanda do futuro", asegurou Caballero. "Nós queremos un tren que conecte Vigo e Porto en 35 minutos, ese é o tren que se necesita, un tren de Alta Velocidade para unir as dúas cidades e aproveitar as sinerxias que temos".

Otros articulos relacionados.....