11 pilotos lucenses de rally reciben 45.000 euros en becas de formación
11 pilotos lucenses de rally reciben 45.000 euros en becas de formación
Información
06 Noviembre 20181716 votos - Registrate para votar
Pablo Rivera Capón, informou este sábado que o Goberno Provincial ven de resolver a concesión das becas que a Deputación ofrece a pilotos lucenses de rally lucenses, cun valor total de 45.000 euros. A concesión estas axudas fíxose en base a criterios obxectivos e sociais, tendo en conta o palmarés, o ránking oficial, participación en probas federadas...
En total, foron 11 profesionais lucenses os que resultaron beneficiados destas axudas de concorrencia competitiva, é dicir, ás que puideron optar todos os interesados que participaron na modalidade de rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2017. Son 5 profesionais do Concello de Lugo, 2 de Castroverde, 2 de Outeiro de Rei, 1 de Friol, e 1 de Sarria.
As becas van dende 1.364 euros ata 7.000 euros e con elas poderán sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.
Axudas de máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo O Goberno da Deputación achega máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo na provincia. Faino a través da liña de axudas para pilotos de rally, que conta cun orzamento de 45.000 euros; a organización do Volante Deputación, con 17.000 euros, grazas ao que 185 afeccionados beneficiáronse dos cursos de formación técnica e condución segura impartidos na Escuela PTC da Pastoriza; e das catro probas automobilísticas que se disputan por excelencia na provincia: o Rally San Froilán, o Rally da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova, con 68.000 euros.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)