Información
Galicia

Os vetos do PP desvirtúan a Comisión de Sanidade creada no Parlamento de Galiza e se converten no peor enemigo da asistenmcia sanitaria dos galegos/as

Información
03 Noviembre 2018 477 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A raíz do falecemento dun doente no PAC da Estrada, os grupos da oposición impulsaron a creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galiza para analizar o que acontecera neste caso, mais tamén para coñecer a situación real da sanidade pública galega. Porén, o PP impuxo a súa maioría absoluta e vetou comparecencias propostas pola oposición impoñendo un plan de traballo que desvirtúa o sentido para o que estaba concibida. A CIG-Saúde denuncia a actitude do PP e lamenta que se perda a oportunidade de abordar a situación da sanidade pública a través das/os súas/seus protagonistas. Los PAC reclaman ayuda urgente antes de que sigan morrendo mais doentes nas sillas da sala de espera sen atender.

 

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, lembra que só se pode pedir, desde a oposición, unha comisión por lexislatura. Aproveitando esta circunstancia, e por común acordo entre os tres grupos da oposición, impulsaron esta comisión de Sanidade. “O PP o que fixo foi vetar as propostas de quen estes grupos parlamentarios cren que deberían participar nesa comisión, dándolle voz a un colectivo amplo de persoas representativas que traballan na sanidade pública de distintas categorías e sectores. Persoas que poderían aportar claridade ao que está acontecendo para, a partir de aí, buscar unha mellor solución aos problemas que a sanidade pública galega ten”.

Abuín lamenta que por mor desta negativa do PP a aceptar o plan de traballo os grupos parlamentarios se viran obrigados a abandonar esta comisión. E é que o Partido Popular “por non querer, non quere nin que participe a familia” do doente falecido na Estrada, denuncia. Considera que esta comisión tiña sentido para investigar o que acontecera no PAC da Estrada, a situación na que se atopan os PACs e en xeral a situación na que se atopa a sanidade pública. “Unha vez non acepta as propostas da oposición e limita a determinadas persoas e colectivos a comparecencia, está matando o sentido que tiña”.

Para a secretaria nacional da CIG-Saúde este veto do PP responde ao “medo que teñen a que se fale no Parlamento da situación que realmente ten da sanidade pública galega, desde distintos puntos de vista”. Denuncia que, por exemplo, se vete a comparecencia do persoal investigador e pregúntase “por que non queren que se fale da situación na que se atopan”, mais cando “presumen de que grazas ao seu traballo se participa en proxectos internacionais e de que a investigación pública está en estándares de calidade europeos e internacionais, como non se vai poder falar da situación que padecen?”.

Reconducir a situación

Imagen de la noticia para morte no pac da estrada de Faro de Vigo

La autopsia preliminar confirma la muerte por asfixia del fallecido en ...

Faro de Vigo-8 ago. 2018
El informe preliminar de la autopsia confirma la muerte por ... de José Manuel Brey, el hombre de 65 años fallecido en el PAC de A Estrada.
Imagen de la noticia para morte no pac da estrada de Cadena SER

La situación en los PACs es "insostenible"

Cadena SER-8 ago. 2018
El caso del fallecimiento de un hombre en el PAC de A Estrada ... En el área sanitaria de A Coruña y Costa da Morte hay 73 médicos y 53 ...

A CIG-Saúde exixe, por iso, que se reconduza esta situación para que a comisión de sanidade non se converta nun chiringuito onde só o PP dite as liñas que ten que ter. “Ten que ser representativa e, por iso, ten que aceptar as propostas da oposición para que un amplo sector de traballadores/as, de docentes e de asociacións poida ir ao parlamento que é a casa de todos/as”, afirma Abuín.

A secretaria nacional da CIG-Saúde convida ao PP a “non lle ter medo e que a xente poidamos ir alí a explicar todo desde distintos ámbitos, desde distintos sectores, desde distintos profesionais o que pasa na sanidade, porque todos/as formamos parte da sanidade pública”.

Imagen de la noticia para sergas morte no pac da estrada de eldiario.es
eldiario.es

Feijóo culpa a "cargos del bipartito" de las protestas sobre el SERGAS

Galiciapress-24 oct. 2018
El presidente de la Xunta acusa a "cargos del bipartito" de estar ... a Feijóo la muerte de un paciente en el PAC de A Estrada en agosto y ha ...

Portazo de la oposición a la comisión sobre los recortes en la sanidad

El Correo Gallego-31 oct. 2018
Portazo de la oposición a la comisión sobre los recortes en la sanidad ... de la muerte de un hombre en el PAC de A Estrada en ausencia del personal ... altos cargos del Servicio Gallego de Salud (Sergas); jefes de servicio y ...
Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+