Información
Galicia

Dúas mulleres son as galardoadas co premio convocado polas catro deputacións máis a Xunta de Galicia

Información
26 Octubre 2018 637 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A pedagoga e ensinante Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán, dúas pioneiras que abriron novos camiños, son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo que hoxe se fallou no Pazo de Mariñán, convocado polas catro deputacións e a Xunta de Galicia e organizado nesta edición pola Deputación da Coruña. O premio está dotado con 16.000 €.

 

O Premio Otero Pedrayo recae por primeira vez en dúas mulleres, pioneiras no mundo do ensino e do uso do galego na escola no caso de Antía Cal e na defensa dos dereitos das mulleres desde todos os ámbitos, de maneira especial desde o literario, ensaístico e activista, Mª Xosé Queizán. Desde a súa creación hai xa máis de corenta anos, a pasada edición foi a primeira vez que unha muller, Margarita Ledo, gañou o premio que neste ano recae tamén por primeira vez en dúas mulleres, modalidade dupla que non é nova na historia do galardón con exemplos como Xaquín Lorenzo e José Fariña, Manuel María e Uxío Novoneyra ou Acislo Manzano e Manuel Buciños.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, valorou que "o Premio Otero Pedrayo recae en dúas mulleres con traxectorias sólidas e comprometidas coa nosa cultura e o noso país, con biografías que falan dun traballo inmenso, desenvolvido en distintos ámbitos como son o ensino e a literatura".

Despois de felicitar a Mª Xosé Queizán e Antía Cal, González Formoso convidou "a ler a súa obra e traballar por un mundo máis igualitario que, sen dúbida, foi un dos obxectivos destas dúas mulleres nas súas vidas, con elas premiase o compromiso e a entrega á hora de construír un mundo mellor".

Pola súa parte, a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei destacou que "con este premio se está a recoñecer as valiosísimas traxectorias de dúas mulleres que loitaron por cambiar un estado de cousas que, entre outras cousas, discriminou as mulleres e converteu a escola en ferramenta de control autoritario".

Desta maneira, Goretti Sanmartín anotou que en Mª Xosé Queizán temos "unha figura clave do feminismo, unha pioneira na liberación das mulleres desde o noso país e a autora dunha obra inmensa en todos os xéneros que ela elabora sempre coa súa mirada feminista". En canto a Antía Cal, a vicepresidenta e deputada de Cultura apuntou que "é unha muller que traballou por modernizar e democratizar a escola influída polos movementos pedagóxicos renovadores europeos, unha mestra que cre na capacidade da escola de transformar o mundo e así o demostrou desde a Escola Rosalía de Castro que ela creou en Vigo".

Antía Cal, a mestra renovadora

A mestra e pedagoga Antía Cal (La Habana, 1923) foi durante o seu tempo como ensinante un referente da nova pedagoxía que busca en modelos anovadores que daquela nacían en Europa, nunha época na que a escola estaba dominada polo franquismo. Ademais de ensinar, trata de completar a educación creando materiais didácticos dos que nace a enciclopedia O libro dos nenos e o volume A arte e a súa historia, escritos en galego nos anos cincuenta. Do encontro cos novos movementos pedagóxicos nace a Escola Rosalía de Castro que ela crea en Vigo, un centro laico, plural, diverso, democrática e conectada co mundo que a rodeaba. Antía Cal deixou a súa traxectoria escrita na súa autobiografía Este camiño que fixemos xuntos, un volume que mostra unha muller emprendedora, de grande amor ao país, a súa lingua e a súa cultura e exemplo de mestra que cre no poder e na necesidade dunha escola participativa e galega.

En 2011 recibiu o premio Chairega de Honra e en 2012 o Premio Trasalba que outorga a Fundación Otero Pedrayo. En 2016 o concello de Muras (Lugo), do que é orixinaria a familia, nomea a Antía Cal filla adoptiva. Nese mesmo ano estréase a película A palabra xusta sobre a súa vida, dirixida por Miguel Piñeiro.

Mª Xosé Queizán, unha grande autora e figura clave do feminismo

A escritora Mª Xosé Queizán (Vigo, 1939) conta cunha intensa traxectoria na literatura e tamén no activismo centrado, de maneira especial, na defensa dos dereitos das mulleres. Queizán é pioneira na teorización do movemento feminista desde a situación que vivían e viven as mulleres galegas que se reflicte nun amplo corpus ensaístico mais tamén nos outros xéneros literarios que a autora visitou. A muller en Galicia (1977) e Recuperemos as mans (1980), Evidencias (1989), Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades, (2004) ou Antinatura (2008), compoñen a relación de obras que fan de María Xosé Queizán un dos nomes imprescindíbeis na filosofía galega, de maneira especial, no pensamento feminista contemporáneo.

As novelas Amantia (1984), A semellanza (1988), Amor de Tango (1992) e Ten o seu punto a fresca rosa (2000) ou ¡Sentinela, alerta! (2002) forman parte da súa obra narrativa que suma once libros individuais. En 1991 iniciou con Metáfora da Metáfora a súa obra poética á que había de sumar Despertar das amantes (1993) ou Fóra de min (1994), títulos que reuniría, xunto con poemas dispersos, en Non o abras como unha flor. (Poesía reunida 1980-2004), para logo completar, polo de agora, a obra poética con Cólera (2007). Nos anos setenta, Mª Xosé Queizán inicia a publicación de artigos xornalísticos que continúa na actualidade. O teatro e a tradución forman parte tamén do corpus de María Xosé Queizán, sen dúbida, un dos máis amplos e interesantes da literatura contemporánea galega. Dirixe tamén a revista Festa da Palabra e a colección As literatas (Xerais).

Un premio que se convoca desde 1977

O obxectivo do premio é, ademais de perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo no campo das letras e o coñecemento, premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promocionar os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. O Premio Otero Pedrayo está dotado con 16.000 euros e cada ano convócase por cada unha das deputacións correspondéndolle este ano á Deputación da Coruña.

O xurado estivo composto polo secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo e o o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez por parte da Xunta de Galicia e o presidente e a vicepresidenta e deputada de Cultura, Valentín González Formoso por parte da Deputación da Coruña. Pola Deputación de Lugo formou parte do xurado a deputada de Cultura, M.ª del Pilar García Porto, pola de Ourense, o deputado de Cultura, Manuel Doval Soto e pola de Pontevedra, o deputado de Cultura, Xosé Leal Fariña. En representación das tres universidades galegas participaron o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campos de Lugo, Jesús Varela Zapata, pola Universidade de Santiago, a vicerreitora da Universidade de Vigo, Natalia Caparrini Marín e o catedrático de Filoloxía Galega, Xosé Ramón Freixeiro Mato pola Universidade da Coruña. A académica Marilar Aleixandre, pola Real Academia Galega, o científico do CSIC, Pablo Otero Piñeyro polo Instituto "Padre Sarmiento" de Estudios Galegos e Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández, pola Fundación Otero Pedrayo completaron a representación das distintas institucións.

Como persoas do mundo da cultura compuxeron xurado a catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, Camiño Noia Campos, a profesora da UdC e autora dunha tese sobre Otero Pedrayo, Carme Fernández-Pérez Sanjulián; o escritor, tradutor, mestre e lingüista, Primitivo Iglesias Sierra, o poeta e escritor Luis González Tosar e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle. Como secretaria do xurado actuou a xefa do servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz.

O premio foi creado en 1977 e o escritor Carlos Casares foi o primeiro galardoado dunha listaxe que incluiría personalidades e entidades como Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego, Antón Fraguas, Xaquín Lorenzo, Fundación Otero Pedrayo, Manuel María e Uxío Novoneyra, Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo, Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega e Laboratorio de Formas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas ou, na última edición, Margarita Ledo Andión, a primeira muller premiada

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)