O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o 28 de maio o V Autocross Carballo cos mellores pilotos do Campionato Galego

Información
Galicia | 23 Mayo 2016 | 3647 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Imaxe da carreira de Carcross de Santa Comba (Foto: Javier Rey)

Imaxe da carreira de Carcross de Santa Comba (Foto: Javier Rey)

O Circuíto de Motor de Bértoa volve a acoller aos mellores pilotos de Galicia coa celebración do V Autocross Carballo. Os motores volverán a soar o sábado 28 de maio cunha proba puntuable para o Campionato Galego, a cuarta do almanaque dun total de nove probas. Ademais, como en anos anteriores, o circuíto galego volverá a Carballo en setembro para unha segunda proba, xa máis decisiva de cara ao título. E o Campionato de España estará un ano máis en Carballo en xullo nunha das citas máis concorridas do circuíto. O Campionato de España volverá un ano máis a visitar o Circuíto carballés no mes de xullo